29.3.23

DÍA NACIONAL DO TRASPLANTE

Hoxe,29 de marzo (último mércores de marzo) celebramos o "Día Nacional del Trasplante en España".

España é o país con maior tasa de donación de todo o mundo. O seu funcionamento considérase mundialmente como un exemplo a seguir; de feito, estase implantando en gran parte do mundo. Non obstante, a pesar destes datos, aproximadamente o10% dos receptores fallecen mentras esperan recibir un órgano. Por este motivo hai que seguir traballando para incentivar a donación, informando á sociedade.

Un corazón non aguanta máis de catro horas fora do corpo, uns pulmóns seis horas, mentras que un fígado só se pode manter oito horas. Os datos de 2022 presentados pola Organización Nacional de Trasplantes apuntan que España realizou unha media de 15 trasplantes diarios, acadando un total de 5383 o ano anterior.  A ONT rexistra un total de 3402 trasplantes renais, 1159 hepáticos, 415 de pulmón, 311 cardíacos, 92 de páncreas e 4 de intestino.


 

 

No hay comentarios: