O Día Internacional da Concienciación sobre a Pérdida e o Desperdicio
de Alimentos celébrase o 29 de setembro gracias a un decreto oficial
establecido pola ONU . Ten como principal
obxectivo evitar que os alimentos se desperdicien, xa que son un ben escaso,
sobre todo, en aqueles países onde os índices de pobreza van en aumento cada
día.
Unha
solución:
O
Banco Mundial de Sementes está ubicado nunha rexión
do “ Archipiélago Ártico”, en Noruega, onde se
atopan depositadas unha gran variedade
de sementes traídas dos cinco continentes. Ten como obxectivo asegurar a
preservación dos alimentos da poboación en caso de presentarse un cataclismo de
grandes proporcións en todo o planeta.
Este
lugar, chamado tamén "La bóveda del fin del mundo", en
Svalbarg, inaugurouse en febreiro do ano 2008 e alberga variedades
únicas de sementes de África, Asía, Europa e América,
entre as que se atopan arroz, millo, sorgo e trigo, así como unha gran variedade
doutras sementes, incluíndo as de uso medicinal.
A
idea da súa localización é preservar este tesouro da humanidade nun lugar conxelado
a máis de 150 metros de profundidade, co fin de garantir que as instalacións ou
depósitos das sementes non sufran ningún tipo de dano, como inundacións polo
desxeo dos casquetes polares ou a presencia de desastres naturais como terremotos,
volcáns ou radiacións.
É
unha sabia decisión, tomada polos gobernos e organismos internacionais de todo o
mundo co único fin de preservar as distintas especies vexetais e animais, así
como a supervivencia da raza humana por moitos séculos máis.
https://www.youtube.com/watch?v=E-bXhBZ-Kg0