28.9.22

29 setembro 2022 DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE A PERDA E O DESPERDICIO DE ALIMENTOS

 

O Día Internacional da Concienciación sobre a Pérdida e o Desperdicio de Alimentos celébrase o 29 de setembro gracias a un decreto oficial establecido pola ONU . Ten como principal obxectivo evitar que os alimentos se desperdicien, xa que son un ben escaso, sobre todo, en aqueles países onde os índices de pobreza van en aumento cada día.

Unha solución:

O Banco Mundial de Sementes está ubicado nunha rexión do “ Archipiélago Ártico”, en Noruega, onde se atopan  depositadas unha gran variedade de sementes traídas dos cinco continentes. Ten como obxectivo asegurar a preservación dos alimentos da poboación en caso de presentarse un cataclismo de grandes proporcións en todo o planeta.

Este lugar, chamado tamén "La bóveda del fin del mundo", en Svalbarg, inaugurouse en febreiro do ano 2008 e alberga variedades únicas de sementes de África, Asía, Europa e América, entre as que se atopan arroz, millo, sorgo e trigo, así como unha gran variedade doutras sementes, incluíndo as de uso medicinal.

A idea da súa localización é preservar este tesouro da humanidade nun lugar conxelado a máis de 150 metros de profundidade, co fin de garantir que as instalacións ou depósitos das sementes non sufran ningún tipo de dano, como inundacións polo desxeo dos casquetes polares ou a presencia de desastres naturais como terremotos, volcáns ou radiacións.

É unha sabia decisión, tomada polos gobernos e organismos internacionais de todo o mundo co único fin de preservar as distintas especies vexetais e animais, así como a supervivencia da raza humana por moitos séculos máis.


https://www.youtube.com/watch?v=E-bXhBZ-Kg0


 

No hay comentarios: