2.3.21

ÁCAROS

 Os ácaros son arácnidos que miden menos dun milímetro de lonxitude. Viven entre dous e tres meses. Reprodúcense moi rápidamente en condicións axeitades de temperatura e humidade.

Os máis abundantes son os dermatophagoides pteronissimus coñecidos como ácaros do po da casa. Poden estar na roupa de cama, cortinas, peluches, colchóns, alfombras, moquetas, etc. Como curiosidade, un gramo de po pode conter entre 2000 e 10.000 ácaros.

Aliméntanse de restos de descamación humana, cabelos e uñas.

Poden provocar alerxias e crisis de asma.


 

 

SAMBESUGAS

As “sanguijuelas” son vermes de tipo anélido. Viven en lugares de moita humidade ou directamente en medios acuáticos como lagos e lagoas. Segregan substancias analxésicas e antibióticas que transmiten a través da súa saliva. Por ese motivo, dende a época romana xa se empregaban para curar todo tipo de enfermidades. Son carnívoras e algunkas especies son coñecidas por succionar o sangue das súas víctimas, é dicir, son hematófagas. Gran número de especies son hermafroditas. Teñen fecundación interna.


 

1.3.21

ARAÑA GOLIAT

 Está considerada como a araña máis grande do mundo. Vive nas selvas tropicais de América do Sur. Pode chegar a medir 30 cm de longo, con colmillos de ata 2.5 cm. Ten pelos diminutos no seu corpo, que dispara cando se sinte ameazada. Para o ser humano serían perigosos si se respiran.

A súa picadura non é mortal para os humanos, aínda que pode producir fortes dores e náuseas.

Aliméntase de pequenos roederos, serpes, morcegos e ata paxaros. Curiosamente, serven de alimento para algunhas tribus indíxenas coma os yanomamis. Tribus que viven nas orillas do río Orinoco (Venezuela).