12.3.26

"Pulpo xigante"

"Enteroctopus dofleini"

Habita en augas profundas (2000 m) do océano Pacífico.

Pesa entre 15 e 50 kilogramos e os tentáculos poden chegar a medir 4,3 metros. O máis grande documentado chegou a medir 9 metros e pesar 272 kilogramos !!!

Aliméntase de crustáceos e peixes e doutras especies de “pulpo” de menor tamaño. Teñen unha poderosa dentadura, cun pico central similar ao dun loro, capaz de romper cunchas e exoesqueletos.

As femias poñen miles de ovos, e reprodúcense unha única vez na súa vida. Non se alimentan ata que os ovos eclosionan.

Este molusco cefalópodo pode cambiar de cor gracias a un tipo de células chamadas cromatóforos.

Viven entre 3 e 5 anos.

 


No hay comentarios: