4.12.25

JIT- TEST 3º ESO

 

  

 

  1. As siglas ODS significan:
  • Obxectivos de desenvolvemento sostible.
  • Organización de Sostenibilidade.
  • Obxectivos de saúde.
  • Osos de Siberia.

 

  1. O ODS 13 e o ODS 14 da Axenda 2030 fan referencia a :
  • Cambio climático e conservación de océanos.
  • Fin da pobreza e igualdade de xénero.
  • Fame cero e educación de calidade.

 

3.  Os compoñentes da purpurina non biodegradable son:

  • Óxidos de Fe, Ca e PVC.
  • Óxidos de Fe, dióxido de Ti, Al e PET´s.
  • Auga regia, Sb e cicuta.
  • Aceite de vitriolo e salfumán.

 

   4 .A contaminación branca fai referencia a :

  • Á contaminación debida aos GEI.
  • Á contaminación acústica.
  • Á contaminación polo fume das chimineas das fábricas.
  • Á contaminación por plásticos.

 

5. Os nanoplásticos son  partículas de plástico :

  • Cun tamaño inferior a 10-9 m.
  • Cun tamaño inferior a 10 -6 m
  • Cun tamaño inferior a 10 -12 m
  • Partículas que producen somnolencia.

 

RÚBRICAS PARA A CONTROVERSIA CIENTÍFICA 3º ESO

 

CRITERIO AVALIACIÓN

In

(1-4)

Suf-Ben

(5-6)

Nt.

(7-8)

Sob.

(9-10)

Contrastar a influencia das actuacións humanas sobre o medio, valorar os seus impactos e argumenta a necesidade do uso responsable dos recursos, do tratamento dos residuos a nivel familiar e social co fin de conseguir un desenvolvemento máis sostible.

Contrasta de xeito parcial as actuacións humanas que teñen influencia negativa sobre o medio, describe superficialmente os procesos existentes para minimizar  o seu impacto e argumenta empregando tópicos a necesidade de practicar un consumo responsable como medio para conseguir un desenvolvemento sostible.

Contrasta seguindo pautas e con algúns erros comúns as actuacións humanas que teñen influencia negativa sobre o  medio, describe de forma xeral os procesos existentes para minimizar o seu impacto e argumenta con aportacións comúns a necesidade de practicar un consumo responsable como medio para conseguir un desenvolvemento sostible.

Contrasta de xeito adecuado as actuacións humanas que teñen influencia negativa sobre o medio, describe con claridade os procesos existentes para minimizar o seu impacto e argumenta con aportacións creativas a necesidade de practicar un consumo responsable como medio para conseguir un desenvolvemento sosteible.

Contrasta con detalle e propiedade as actuacións humanas que teñen influencia negativa sobre o medio, describe con claridade e precisión os procesos existentes para minimizar o seu impacto e argumenta con criterios propios e aportacións creativas a necesidade de practicar un consumo responsable como medio para conseguir un desenvolvemento sostible.

Responsabilidade

É responsable coa parte do traballo asignada

Non realizou as tarefas encomendadas.

Ficho un pouco.

Realizou parte.

Realizou todo o que tiña que facer

Participación nos debates (pequeño e gran grupo)

Non participa.

Apenas participa.

Participa bastante.

Participa totalmente.

Escoitar activamente

Non escoita e non deixa escoitar aos demais.

Interrompe aos compañeiros e compañeiras.

Escoita aos demais pero interrompe ás veces.

Escoita e respecta opinión.

Opinións

Acepta as opinión dos membros do grupo

Non acepta as opinión dos demais.

Ás veces acepta as opinión dos demais e outras non.

Acepta as opinión dos demais pero pon excusas.

Acepta o que se lle comenta.

Respecto

É respectuoso/a e non entorpece o traballo grupal

Non respecta para nada as aportacións dos compañeiros e compañeiras.

Apenas respecta aos demais nas súas valoracións.

Respecta en xeral, pero algún membro do grupo non.

Respecta totalmente a todos e todas.