Os castaños (Castanea vulgaris) son unhas árbores da familia das fagáceas, nativas das rexións temperadas do hemisferio norte. Coñécese como «castaña» aos seus froitos, englobados dentro dos froitos secos.
A chegada dos castaños á península Ibérica hai que agradecerlla ao Imperio Romano. A afición dos romanos por este froito, orixinario de Italia, levounos a extender esta especie por todo o Imperio, chegando ata os nosos días, sendo xa considerada como unha especie autóctona.
A pesar de ser un froito seco, a composición das castañas aseméllase máis á dos cereais. As castañas son fonte de fibra e ricas en hidratos de carbono. A cantidade de graxa tamén é bastante similar á dos cereais e polo tanto notablemente inferior á que conteñen o resto dos froitos secos. Gracias a estas propiedades e a que o seu contido en auga é próximo ao 50%, a castaña é un dos froitos secos de menor contido calórico. En canto aos minerais, as castañas son fonte de fósforo ( P) e potasio (K). Os contidos en vitaminas no son moi significativos, pero podemos destacar que a castaña é fonte de vitaminas do grupo B (B1 e B6).

No hay comentarios:
Publicar un comentario