31.3.25

CORES DO SANGUE

No sangue, a hemoglobina pode existir en dúas formas segundo leve unido osíxeno ou non. A forma con osíxeno denomínase oxihemoglobina; a outra, desoxihemoglobina. No sangue arterial, máis do 95% da hemoglobina está en forma de oxihemoglobina; na veosa, entre un 50 e un 80%. O sangue osixenado é de cor vermella brillante, mentres que o sangue desosixenado é de cor entre vermella escura e púrpura.

Certos trastornos poden cambiar a cor do noso sangue. Por exemplo, hai fármacos que aportan xofre (azufre) á hemoglobina, transformándoa en sulfohemoglobina, de cor verdosa.

Non todos os animais teñen o sangue vermello. Por exemplo, as arañas, os cangrexos de ferradura e outros artrópodos teñen unha hemolinfa (fluído equivalente ó sangue) de cor azul que deben ós dous átomos de cobre contidos na proteína hemocianina, que sustitúe neles á nosa hemoglobina.

Por exemplo, o cogombro (pepino) de mar ten o sangue amarelento debido á proteína vanabina, que contén vanadio. O eslizón (unha especie de lagarta) tena verde á causa da biliverdina.

Outra curiosidade é o peixe de xeo, que non ten glóbulos vermellos no sangue (hemolinfa), o que fai que esta sexa transparente.

 




No hay comentarios: