22.1.25
20.1.25
CHIRIVÍAS
A chirivía é unha hortaliza similar á cenoria no seu aspecto, -cunha cor máis parda e desvaída- que ademais de ser unha importante fonte de potasio, ten alto interés culinario.
Tamén coñecida co nome de pastinaca. É unha raíz moi rica en vitaminas e minerais, máis ca cenoria, aportando aos pratos un toque anisado, un lixeiro matiz picante e un delicioso sabor fresco que se percibe xa desde o momento de cocela.
15.1.25
ESPONXAS
As esponxas son obxectos porosos, que se empregan nun ambiente húmedo e cálido e que en pouco tempo acumulan unha gran cantidade de células mortas. Eso é un parque de atraccións para as bacterias, especialmente para as Pseudomonas aeruginosa .
Cambiar a esponxa de ducha é importante si queremos evitar certas infeccións. De feito, o seu uso non é imprescindible, polo que non usala sería aínda mellor. É aconsellable facelo cada 3 ou 4 semanas e, por suposto, si somos varias personas na casa, debemos ter unha para cada unha.
Cando falamos das esponxas de cociña (estropajos), o cambio debe ser moito máis regular, unha vez á semana.
O estropajo non queda máis remedio que usalo. As esponxas de baño sí son prescindibles e, si as cambiamos cando corresponde, supón unha gran acumulación de residuos que, salvo que sexan de materiais biodegradables, termina sendo contaminante.