13.9.24

ROUBAMERENDAS ou QUITAMERENDAS

 "Chuchameles, flor de otoño, merendera, roba meriendas" son algúns dos nomes que recibe esta planta que parece florecer do mesmo solo. O seu nome ten relación co mundo dos pastores e coa época da súa floración. No seu traballo diario, o pastor acompañaba durante toda a xornada ás súas ovellas en busca dos mellores pastos. Todo o que necesitaba levávao no seu zurrón: viño, comida, merenda, navalla… A aparición destas flores no mes de setembro anunciaba a redución das horas de sol. O pastor regresaba máis pronto co gando ao adiantarse a chegada da noite e non lle daba tempo a merendar no campo.



No hay comentarios: