19.9.24

G.B

 


APÓUTEGA

Cytinus hypocistis

Planta parasita, que pode ter varios nomes comúns en castelán:

«Chupamieles», «Chupera», «Granadilla», «Piñita» o «Teticas». En Galicia coñécese como: «Ameleira», «Apóutega», «Chupameles», «Mel de raposo», «Panqueixo», «Poutiga» ou «Venturiño».

Florece de marzo a xuño. O froito é unha especie de baia amarela que contén no seu interior moitas sementes diminutas. O seu principal polinizador son as formigas, atraídas polo néctar doce que segregan as flores.

O nome de «Chupamieles» ven porque ao apretalas entre os dedos as flores liberan un néctar moi doce. Tamén se poden comer as cabezuelas cando todavía están tenras, polo seu sabor dulzón.



16.9.24

Digitalis purpurea

A “ Digitalis purpurea ", tamén coñecida como Dedalera, é unha planta con flores de cor rosáceo ou púrpura, con forma de dedal.

A Digitalis purpurea non é só unha planta bonita, tamén ten importancia en medicina debido ás súas propiedades cardiotónicas. Os compostos extraídos desta planta empréganse tradicionalmente para tratar certas afeccións do corazón, gracias á súa capacidade para fortalecer e regular os seus latexos.

Tamén é importante coñecer que esta planta ten que manexarse con coidado, xa que todas as partes da Digitalis purpurea son tóxicas si se inxiren.




 

13.9.24

ROUBAMERENDAS ou QUITAMERENDAS

 "Chuchameles, flor de otoño, merendera, roba meriendas" son algúns dos nomes que recibe esta planta que parece florecer do mesmo solo. O seu nome ten relación co mundo dos pastores e coa época da súa floración. No seu traballo diario, o pastor acompañaba durante toda a xornada ás súas ovellas en busca dos mellores pastos. Todo o que necesitaba levávao no seu zurrón: viño, comida, merenda, navalla… A aparición destas flores no mes de setembro anunciaba a redución das horas de sol. O pastor regresaba máis pronto co gando ao adiantarse a chegada da noite e non lle daba tempo a merendar no campo.



12.9.24

ZAMPOÑA E ANTARA

 Son diferentes tipos de instrumentos que se engloban no grupo das denominadas " Flautas de Pan"


Deus Pan: na mitoloxía grega , deus dos rebaños e dos pastores.