28.9.23

PROHÍBESE A PURPURINA

A Comisión Europea prohibirá a venta de produtos aos que se lle engadise intencionadamente microplásticos, tales como deterxentes, cosméticos ou xoguetes… para evitar a liberación ao medio ambiente de medio millón de toneladas destas partículas sintéticas.

Esta medida ten que ver cos esforzos da Unión Europea de reducir nun 30% a contaminación por microplásticos ata 2030. Este é un dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030. Concretamente,  fai referencia ao ODS 13, que pretende poñer o cambio climático como prioridade para países, empresas e individuos e o ODS 14, que fai referencia á conservación e sostenibilidade dos océanos, mares e recursos hídricos.

 ODS - Agenda 2030 | Knauf Insulation

 

HISTORIA DA TEORÍA CELULAR

 


23.9.23

OUTONO

Este ano o equinoccio de outono é o 23 de setembro, e esta estación durará exactamente 89 días e 21 horas, según os datos proporcionados polo Observatorio Astronómico Nacional, dando paso ao inverno o día 22 de decembro. 

Por outro lado, o outono meteorolóxico ou climático empezou o pasado 1 de setembro porque, a diferencia do outono astronómico, este sempre comeza nesa data e remata o 30 de novembro.

Eventos astronómicos 

  • Eclipse de Sol: o 14 de outubro.
  • Eclipse de Lúa: o 28 de outubro.
  • Chuvia de meteoros: as dracónidas, o 8 de outubro. 
  • Chuvia de meteoros: as oriónidas, o 21 de outubro.
  • Chuvia de meteoros: as leónidas, o 17 de novembro.
  • Chuvia de meteoros: as gemínidas, o 14 de decembro. 


 

17.9.23

PURPURINA

A purpurina xa se empregaba antiguamente. Estaba feita de partículas de mica (minerais MOSCOVITA e BIOTITA). Con esta brillantina rudimentaria decorábanse pinturas rupestres.

As mulleres hindúes tamén a utilizaban para decorar a súa pel en festas ou eventos especiais. Tamén na cultura grega e en Exipto, as mulleres usaban un tipo de purpurina procedente do plomo, pero era moi tóxica, podía producir a morte por envenenamento (SATURNISMO).

En 1934 Henry Ruschmann descubriu un proceso para moer o plástico e creou a brillantina que coñecemos hoxe. A brillantina actual está composta por plástico (PET), dióxido de titatio (é o que lle da o brillo), aluminio e óxido de ferro.

Sabías que

Cando nos lavamos a purpurina do corpo e vai polo desagüe, transfórmase en basura plástica mariña coñecida como microplásticos, altamente dañinos para a vida dos océanos.