18.8.23

MAR DE ARDORA

"Auroras boreales en el mar". Así podemos describir este fenómeno da natureza. Escritores como Julio Verne, xa escribiron sobre él na súa obra “Veinte mil leguas de viaje submarino”.

É un espectáculo mariño de bioluminiscencia, coñecido como Mar de Ardora, que fai que a auga brile cun misterioso azul intenso pola noite cando se dan unhas determinadas condicións. España conta con varias praias desde onde se pode observar, algunhas delas en Galicia. Este espectáculo pode durar desde unhas horas a varios días.

A clave do fenómeno da bioluminiscente está en seres vivos que viven nos océanos e producen luz : algúns peixes, moluscos, medusas, estrelas ou crustáceos desenvolveron sofisticados mecanismos de bioluminiscencia, que implica una reacción química dentro das células do animal, ben para atraer presas , ben para defenderse de depredadores ou ben para comunicarse. A luz que emiten pode ser de diferentes cores -vermella, amarela, violeta-, pero a máis habitual é un azul verdoso intenso.

En concreto, o fenómeno do Mar de Ardora (ou ardentía), está producido por fitoplacton (bacterias, protistas e algas unicelulares).

Praias galegas con “Mar de Ardora”

Carnota (A Coruña), Muxía (A Coruña), Malpica (A Coruña), Ponteceso (A Coruña) Corme (A Coruña) ,Cabana de Bergantiños (A Coruña), Dumbría (A Coruña), Illas Cíes (Pontevedra), Isla de Ons (Pontevedra).


 

No hay comentarios: