23.8.23

ACEROLA

 O corpo non produce nin almacena por si so vitamina C, polo que necesitas obtela de alimentos. Afortunadamente, hai moitos que a conteñen, pero si pensas que non hai maior fonte de vitamina C que un zumo de laranxa, debes saber que hai un froito que supera en 20 veces a súa dose.

É a acerola ou cereixa de Barbados. É un froito carnoso cunha apariencia moi similar ás cereixas.

A súa alta concentración de vitamina C fai que sexa moi beneficioso para o teu organismo e precises de paso menos cantidade de produto para obter os mesmos resultados. Notarás como se reduce a fatiga, contribúe a un funcionamiento óptimo do teu sistema inmunolóxico e intervén na formación de coláxeno e na síntese de neurotransmisores. Un alimento por tanto perfecto para as túas articulacións, pel, vasos sanguíneos e sistema nervioso. 

Hai algún inconvinte? Pois dependerá dos teus gustos, xa que a acerola ten un sabor ácido, aínda que non moi excesivo. 


 

18.8.23

MAR DE ARDORA

"Auroras boreales en el mar". Así podemos describir este fenómeno da natureza. Escritores como Julio Verne, xa escribiron sobre él na súa obra “Veinte mil leguas de viaje submarino”.

É un espectáculo mariño de bioluminiscencia, coñecido como Mar de Ardora, que fai que a auga brile cun misterioso azul intenso pola noite cando se dan unhas determinadas condicións. España conta con varias praias desde onde se pode observar, algunhas delas en Galicia. Este espectáculo pode durar desde unhas horas a varios días.

A clave do fenómeno da bioluminiscente está en seres vivos que viven nos océanos e producen luz : algúns peixes, moluscos, medusas, estrelas ou crustáceos desenvolveron sofisticados mecanismos de bioluminiscencia, que implica una reacción química dentro das células do animal, ben para atraer presas , ben para defenderse de depredadores ou ben para comunicarse. A luz que emiten pode ser de diferentes cores -vermella, amarela, violeta-, pero a máis habitual é un azul verdoso intenso.

En concreto, o fenómeno do Mar de Ardora (ou ardentía), está producido por fitoplacton (bacterias, protistas e algas unicelulares).

Praias galegas con “Mar de Ardora”

Carnota (A Coruña), Muxía (A Coruña), Malpica (A Coruña), Ponteceso (A Coruña) Corme (A Coruña) ,Cabana de Bergantiños (A Coruña), Dumbría (A Coruña), Illas Cíes (Pontevedra), Isla de Ons (Pontevedra).


 

2.8.23

SUPERLUAS

As superluas prodúcense entre tres ou catro veces ao ano. Ocorren cando a Lúa chea coincide co punto da súa órbita máis cercano á Terra, chamado "perigeo", a unha distancia promedio de 363.300 kilómetros do planeta. Como resultado, a Lúa pódese var ata un 14 % máis grande e un 30% máis brillante do normal. O término “superlúa” foi acuñado en 1979 polo astrólogo estadounidense Richard Nolle, pero o término astronómico real é “Luna llena de perigeo”.

A primeira Lúa chea de agosto coñécese como a “Luna de esturión” pola época do ano en que este peixe xigante abunda na rexión dos Grandes Lagos, na fronteira entre Estados Unidos e Canadá. As culturas de todo o mundo deron distintos nomes ás Lúas cheas, a maioría das veces, relacionados coas estacións de crecemento da colleita, abundancia dun animal para cazar ou pescar, celebracións... 

CURIOSIDADE: o esturión habita na Terra desde fai uns 135 millóns de anos, sendo considerado un fósil vivinte. Na actualidade é unha especie en perigo de extinción, pois as femias necesitan de 13 a 15 anos para acadar a madurez sexual e só poden reproducirse cada catro anos.



 

1.8.23

CARNYX

A súa orixe sería a Idade de Ferro da civilización celta que habitou Europa nas zonas de Britania (actualmente Inglaterra), A Galia (actualmente Francia), Iberia (actualmente España e Portugal), Dacia (actualmente Rumanía e Moldavia ) e Xermanía (actualmente Alemania).

Tivo un uso exclusivamente militar, e servía para indicar ordes ás tropas, inspirarse no combate e para infundir medo ó inimigo co seu son.

Clasifícase según o tipo de "campana" que tivese, inspirada en diferentes tipos de animais.

  • "Campana" de Porco: son as máis abundantes . Tamén se pode considerar como cabeza de xabalí.
  •  "Campana" de Serpe.
  •  "Campana de Ave": posiblemente dun pato ou un ganso.