A NASA publica esta imaxe, dun relámpago de cor verde neón en Xúpiter. Como comentan os astrónomos, é similar ao fenómeno natural que vemos na Terra.
No noso planeta os relámpagos orixínanse nas nubes de auga e preto do ecuador, mentras que en Xúpiter, éprobable que os relámpagos tamén ocurran en nubes que conteñen unha solución de auga e amoníaco .
Esta imaxe captouna a JunoCam en decembro de 2020. É a cámara de “ciencia ciudadana” da nave espacial Juno. Mentras a nave orbita ao redor de Xúpiter, JunoCam toma imaxes do planeta desde diferentes ángulos e distancias radiais, apuntando as características identificadas, en parte, a través dos esforzos de colaboración da comunidade de astrónomos aficionados. As imaxes de JunoCam envíanse á Terra e publícanse no sitio web de Mission Juno, onde opúblico en xeral pode descargalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario