28.6.23

SAIGA

 O saiga (Saiga tatarica) é unha especie de antílope que se caracteriza por ter unha nariz en forma de trompa. 

Esa nariz tan característica non só lles serve para darlles unha apariencia extraña, úsana para filtrar o po das estepas no verán, así como para quentar o aire antes de respiralo durante os fríos invernos.

É unha especie que se pode atopar en Asia Central.



 

26.6.23

Relámpago en Xúpiter

A NASA  publica esta imaxe, dun relámpago de cor verde neón en Xúpiter. Como comentan os astrónomos, é similar ao fenómeno natural que vemos na Terra.

No noso planeta os relámpagos orixínanse nas nubes de auga e preto do ecuador, mentras que en Xúpiter, éprobable que os relámpagos tamén ocurran en nubes que conteñen unha solución de auga e amoníaco .

Esta imaxe captouna a JunoCam en decembro de 2020. É a cámara de “ciencia ciudadana” da nave espacial Juno. Mentras a nave orbita ao redor de Xúpiter, JunoCam toma imaxes do planeta desde diferentes ángulos e distancias radiais, apuntando as características identificadas, en parte, a través dos esforzos de colaboración da comunidade de astrónomos aficionados. As imaxes de JunoCam envíanse á Terra e publícanse no sitio web de Mission Juno, onde opúblico en xeral pode descargalas.

 

 


24.6.23

19.6.23

 


PEIXE TRÍPODE

 


 Bathypterois grallator

As súas aletas trípode poden chegar a medir cerca dun metro

O peixe trípode (Bathypterois grallator) é un extraño habitante dos fondos mariños: pode descansar sobre ofango sin afundirse.

Vive nas profundidades, a uns 3.500 metros por debaixo da superficie. Sostense sobre unha especie de zancos constituidos por tres prolongacións das súas aletas. As aletas pélvicas e o lóbulo inferior da súa aleta caudal prolónganse en filamentos longos e ríxidos.O peixe apóiase neles como si fosen zancos e quédase en pe no fondo do mar.