29.3.23

DÍA NACIONAL DO TRASPLANTE

Hoxe,29 de marzo (último mércores de marzo) celebramos o "Día Nacional del Trasplante en España".

España é o país con maior tasa de donación de todo o mundo. O seu funcionamento considérase mundialmente como un exemplo a seguir; de feito, estase implantando en gran parte do mundo. Non obstante, a pesar destes datos, aproximadamente o10% dos receptores fallecen mentras esperan recibir un órgano. Por este motivo hai que seguir traballando para incentivar a donación, informando á sociedade.

Un corazón non aguanta máis de catro horas fora do corpo, uns pulmóns seis horas, mentras que un fígado só se pode manter oito horas. Os datos de 2022 presentados pola Organización Nacional de Trasplantes apuntan que España realizou unha media de 15 trasplantes diarios, acadando un total de 5383 o ano anterior.  A ONT rexistra un total de 3402 trasplantes renais, 1159 hepáticos, 415 de pulmón, 311 cardíacos, 92 de páncreas e 4 de intestino.


 

 

Día do MANATÍ

O Día de Apreciación do Manatí, trata de valorar e axudar a estas  criaturas. Son mamíferos placentarios, da suborde dos sirenios. Pastan lentamente por ríos e augas costeiras sete horas ao día, consumindo entre o 10 e o 15% do seu peso corporal. Teñen dentes, todos son molares planos que empregan para triturar plantas acuáticas. Ao longo da súa vida médranlles novos dentes na parte posterior da boca que logo avanzan, sustituíndo aos máis vellos.




26.3.23

CORES SANGUE

 O eslizón ten o sangue verde.o cogombro de mar amarela e o peixe de xeo tena transparente.





22.3.23

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Cada ano, desde 1993, o 22 de marzo conmemórase o Día Internacional da Auga . Serve para crear conciencia e inspira accións para abordar a crise mundial da auga e do seu saneamento, xa que 2000 millóns de persoas viven todavía sin acceso a auga potable.

 



2.3.23

A QUEN LLE AMARGA UN DOCE?

 De cando en vez, un doce sempre está ben. Eso sí, lembra cepillar os dentes despois de comelo!!!

Coñeces os New York rolls?