27.2.23

27 febreiro, " Día Internaciona do Oso Polar"

O 27 de febreiro celébrase o Día Internacional do Oso Polar, un esforzo para concienciar sobre as enormes ameazas ás que se enfrentan os osos polares debido ao cambio climático. Os osos polares necesitan do xeo do Ártico para cazar, pero ese xeo estase  reducindo a medida que o planeta se quenta. Aínda que os osos polares son excelentes nadadores ( están clasificados como mamíferos mariños), o xeo ártico sigue sendo unha parte crucial da súa supervivencia. Empreguemos este día para reflexionar sobre cómo podemos facer cambios sostibles no noso estilo de vida para axudar a protexer e salvar aos osos polares.



 

 

No hay comentarios: