27.2.23

27 febreiro, " Día Internaciona do Oso Polar"

O 27 de febreiro celébrase o Día Internacional do Oso Polar, un esforzo para concienciar sobre as enormes ameazas ás que se enfrentan os osos polares debido ao cambio climático. Os osos polares necesitan do xeo do Ártico para cazar, pero ese xeo estase  reducindo a medida que o planeta se quenta. Aínda que os osos polares son excelentes nadadores ( están clasificados como mamíferos mariños), o xeo ártico sigue sendo unha parte crucial da súa supervivencia. Empreguemos este día para reflexionar sobre cómo podemos facer cambios sostibles no noso estilo de vida para axudar a protexer e salvar aos osos polares.



 

 

APARELLO DIXESTIVO

 



7.2.23

5.2.23

Día de “La Monarca Occidental”

O día de “La Monarca Occidental” celébrase principalmente en California. As mariposas monarca miden entre cinco e dez centímetros, teñen dous pares de ás e son de cor naranxa intenso con bordes e veas negras e manchas brancas nos bordes. Estas mariposas viaxan desde lugares tan lexanos como Canadá para escapar do invierno boreal.

As bolboretas Monarca viven na Terra desde hai un millón de anos, pero por desgracia, diríxense gradualmente hacia a extinción. A deforestación e o cambio climático son algúns dos factores deste desenlace. Neste día , apreciemos a beleza destas bolboretas e tomemos a iniciativa de protexelas ante a pérdida do seu hábitat. 


 

 

1.2.23

GREEN COMET

 "o cometa verde" que non vemos dende faia 50.000 anos

 

De onde ven?

Da nube de Oort, unha capa que envolve a todo o Sistema Solar que se atopa aproximadamente a 2.000 unidades astronómicas (UA).

Unha UA equivale á distancia entre aTerra e o Sol (150 millóns de Km).