30.10.22

HEMATOFAXIA


 Os hematófagos son animais que se alimentan principalmente de sangue. Seguro que che viñeron á cabeza animais chuchadores, como os mosquitos ou os morcegos ¿verdade? Pois non é totalmente correcto: non todos os mosquitos e os morcegos son hematófagos, pero ademais, é que existen moitísimas máis especies de animais que se alimentan de sangue, é dicir, que practican a" hematofagia («hemato» do grego, sangue, e «fagia» de comer).

Exemplos:

Insectos hematófagos son os mosquitos, os tábanos, as chinches, os piollos ou as pulgas, entre outros. No caso dos mosquitos e os tábanos só se alimentan de sangue as femias adultas.

Arácnidos como algunhas arañas, as carrachas…

Anélidos, como as sambesugas e as tenias.

Animais mariños como as lampreas, o candirú…

Mamíferos .A maioría dos morcegoss non se alimentan de sangue, aliméntanse principalmente de insectos, pequenos mamíferos, néctar, froitas…Só algunhas especies de morcegos se alimentan de sangue. Son os coñecidos como «murciélagos vampiro» como o vampiro común, o vampiro de ás brancas ou o vampiro de patas peludas (todos viven en América do Sur).

Aínda que poida sorprender, tamén existen aves hematófagas, paxaros que se alimentan do sangue doutros animais, algo pouco frecuente. Algúns exemplos de hematofaxia son o pinzón vampiro, o sinsonte de Española (viven nas Illas Galápagos), o zorzal de Tristán de Acuña e o” picabueyes”.

 




 

26.10.22

"Atrax robustus"

A araña máis velenosa do mundo é un arácnido australiano coñecido como "araña de Sídney", “araña de tela de embudo” ou “Atrax robustus”.

O seu veleno é o dobre de potente que o cianuro, sendo o macho moito máis perigoso que a femia ( 6 veces máis tóxico).

Unha persoa pode morrer en 60 minutos tras a mordida si non é atendida. O antídoto descubriuse en 1981 e desde entón non houbo máis víctimas mortais.

Como curiosidae, o veleno desta araña é inocuo para cans e gatos.

 


23.10.22

ILLAS CANARIAS

 Nas Illas Canarias hai 4 parques nacionais relacionados co vulcanismo

  • Timanfaya, en Lanzarote
  • Teide, en Tenerife
  • Caldera de Taburiente, na illa de "La Palma"
  • Garajonay, en " La Gomera"


OS VOLCÁNS MÁIS PERIGOSOS

 


VOLCÁNS

 


17.10.22

DÍA 17 de OUTUBRO

 O 17 de outubro de 1956:

Disputouse a partida de xadrez chamada 'La partida del siglo' entre Donald Byrne e Bobby Fischer, gañando este último con tan só 13 anos de idade.

O 17 de outubro tamén se conmemora  o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e o Día Mundial contra a Dor.

5.10.22

MOLA mola

 Nome científico:

Mola mola

Nome común:

“Pez Luna”

Descripción:

Corpo plano lateralmente e con forma de lúa redonda. Posúe catro dentes. Pode chegar  a medir máis de 3 metros e pesar 1-3 toneladas. Destacan 2 aletas pegadas á súa cola, de grandes  dimensións, e que sobresaen do corpo. Soen ter unha cor grisácea.

Localización:

É habitual velos nadar cerca da superficie, pero poden sumerxirse ata profundidades de 600 metros.

Outros Datos:

Aliméntanse de plácton, crustáceos, cefalópodos e medusas.

Comportamento:

Teñen un cerebro minúsculo, no son nada asustadizos e apenas teñen depredadores.