As superlúas só se producen de tres a catro veces no ano.
Prodúcense cando coincide a lúa chea co “PERIGEO”. Este prodúcese cando a distancia entre a Terra e a Lúa é menor, na órbita elíptica que describe o noso satélite ao redor da Terra. O “APOGEO” produciríase cando a distancia entre a Terra e a Lúa é maior.
A superlúa do 14 de xuño denomínase tamén Lúa de fresa porque coincide co periodo onde as fresas salvaxes crecen máis. No mes de xullo, o día 13, tamén haberá unha superlúa, denominada Lúa do cervo, debido a que nesa época medran máis as cornamentas deses animais.
O día 11 de agosto producirase a Lúa do esturión, outra superlúa, que coincide co periodo idóneo de reproducción de dito peixe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario