20.5.22

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS

 O 20 de maio celébrase o Día Mundial das Abellas, unha data establecida pola ONU para concienciar á poboación mundial sobre a necesidade de protexelas ante a ameaza da súa supervivencia. 

As abellas son excelentes polinizadoras. A polinización é un proceso fundamental para a supervivencia dos ecosistemas, esencial para a producción e reproducción de moitos cultivos e plantas silvestres. Cerca do 90% das plantas con flores de todo o mundo dependen desta polinización para poder reproducirse. Ademais, o 75% dos cultivos alimentarios do planeta dependen en gran medida da polinización, así como o 35% das terras agrícolas. De tal xeito que a seguridade alimentaria está completamente ameazada ante unha posible extinción das abellas. Tamén son indispensables para conservar a biodiversidade.


 

No hay comentarios: