24.5.22
20.5.22
DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS
O 20 de maio celébrase o Día Mundial das Abellas, unha data establecida pola ONU para concienciar á poboación mundial sobre a necesidade de protexelas ante a ameaza da súa supervivencia.
As abellas son excelentes polinizadoras. A polinización é un proceso fundamental para a supervivencia dos ecosistemas, esencial para a producción e reproducción de moitos cultivos e plantas silvestres. Cerca do 90% das plantas con flores de todo o mundo dependen desta polinización para poder reproducirse. Ademais, o 75% dos cultivos alimentarios do planeta dependen en gran medida da polinización, así como o 35% das terras agrícolas. De tal xeito que a seguridade alimentaria está completamente ameazada ante unha posible extinción das abellas. Tamén son indispensables para conservar a biodiversidade.
19.5.22
18.5.22
XIRAFAS
As xirafas Masai son as máis altas, con machos que acadan alturas de máis de 5 metros. Exténdense por Kenia e por todo Tanzania.
As
xirafas en xeral non se consideran en perigo de extinción, pero son especies
"vulnerables", e algunhas subespecies poden estar casi extintas.
Ata finais do s. XIX, as xirafas coñecíanse comunmente
como cameleopardos, debido á crenza errónea de que unha xirafa era un
cruce entre un camello e un leopardo.
As manchas do corpo terminan á altura das rodillas, sendo as súas patas de cor branco ou crema claro.
A xirafa Masai pode recorrer distancias curtas a unha velocidade de 56km/h.