10.4.22

CARACALES

Atopámolo nas sabanas, desertos e bosques de gran parte de África e partes do Medio Oriente. Os caracales son delgados, con patas longas, que permiten a estes hábiles cazadores saltar máis de tres metros no aire para atrapar aves. Tamén se lles chama linces do deserto.Son rápidos e sixilosos: teñen  pelaxe ríxgido nas “almohadillas” dos seus pes para que poidan acechar en silencio. Teñen pelaxe curto e dunha fermosa cor dourada. Teñen manchas distintivas na cara e mechóns nas orellas. 

 



No hay comentarios: