1.3.08

San Rosendo


Foi un personaxe destacado como monxe, vispo, gobernador e pacificador de Galicia. Fundou un dos máis importantes mosteiros benedictinos de Galicia, de extraordinaria proxección histórica pola súa acción colonizadora en gran parte da provincia de Ourense . Descendía dun clan familiar que deixou tras de sí unha gran estela de fundacións monacais. Rosendo edúcase nese ambiente, dentro dunha familia noble e con poder, baixo a tutela do seu tío don Albarico, vispo de Mondoñedo, a quen sucedeu gobernando esa sede varios anos, nos que edificou iglesias en distintos lugares da diócesis, restaurou outras e alternou a vida de goberno coa de retiro no mosteiro de Caaveiro, fundado por él.
Foi en Caaveiro onde Rosendo determinou a fundación do mosteiro de Celanova (o 12 de septembro de 936), o que marcou a súa vida. Esta fundación contou coa colaboración de todos os seus familiares.

Vispo de Mondoñedo, as súas inquedanzas espirituais levárono a renunciar á súa dignidade episcopal e fundar o mosteiro de Celanova onde él mesmo ingresou e foi abade.
Quixo facer de Celanova un exemplo de renovación relixiosa en Galicia, sendo finalmente chamado para ser vispo de Santiago no ano 968.

Mais voltou de novo para Celanova e en Celanova rematou a súa vida, finando o 1 de marzo do ano 977. Foi soterrado na igrexa do mosteiro. No ano 1601 os seus restos foron exhumados para colocalos nunha urna de prata no lateral dereito do altar maior, onde permañecen.

1 comentario:

Lauriita** dijo...

Raquel muchísimas gracias por esta información!

aparte de ser importante nOS viene genial para un trabajo que tenemos que hacer de "Cedro"

un besiño =)!!

Negra^^