2.3.08

Peixes abisais









A zona abisal é un área de profundidades maiores a 2.000 metros na que hai presións de 200 atmósferas, en oscuridade total e con temperaturas de -1 a 5 ºC. Como por debaixo dos 600 metros non chega a luz, a fonte de alimentación é unha chuvia de materia orgánica das augas menos profundas, incluíndo cadáveres de peixes u outros animais mariños mortos. Hai polbos, luras, peixes, moluscos, equinodermos e vermes. Desenvolveron sistemas adaptados ó seu entorno e non lles afectan as presións tan enormes. A maioría son pequenos e posúen corpos blandos e osos pequenos. As criaturas abisais tenden a ter bocas grandes, dentes largos e estómagos alargables. Estos peixes deben inxerir a comida e tragala, incluso si é máis grande ca eles, xa que a próxima comida pode tardar en chegar. Teñen un metabolismo máis pausado, polo que tenden a vivir máis tempo e reproducirse máis lentamente. Xeralmente, as especies que viven nas augas abisais ou na capa de penumbra (capa superior das augas abisais) soen ser bioluminiscentes, producen a súa propia luz, que empregan para atraer ás súas presas, para identificarse ou para escapar dalgún perigo. Os peixes que viven na capa de penumbra teñen ollos moi desenvolvidos, non como os da capa abisal, que soen tener ollos pequenos e menos desenvolvidos.

2 comentarios:

Raquel dijo...

Exemplo de adaptación perfecta ó medio. Como diría aquela sabia mestra, a beleza é subxectiva, e sobre todo gárdase no interior ( que bonitooo).

TNT dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.