O maio
Ahí ven o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno! ...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan os meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.
¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
QUEN É O AUTOR? QUE QUERE DICIR?
8 comentarios:
hola raquel tienes mi nota de matematicas????
un saludo gracias......
El autor es Curros Enríquez, habla de k es pobre y de las injusticias k se cometian antes con los impuestos y las tierras, para el todos los días son invierno (tristes) y el quiere un mayo sin injusticias (ser libre)
jeje
SOLO ES PARA PROBAR
JAJA
PD:RECUPERATE MI NIÑA
Moi ben j&b.
sovaer, moitas gracias por preocuparvos... :)
Ola!!!
Pois claro o autor é Curros Enríquez.Homenaxeado en A Coruña
o venres día 7 de marzo polo motivo do seu centenario.Ilustre poeta,coas súas raíces en Celanova.
PD:O maio está moi ben pero é moito máis bonita a Cantiga, na eira do trigo, interpretada(e moi ben,jeje) o mesmo día por Yessica e Lucía de 2º con Javier ó clarinete.
Un saúdo
Bikssss
Seguro que o fixéchedes de perillete e Curros estaría encantado de ter uns celanovenses do século XXI tan bos coma vós para homenaxealo nesta data sinalada ;)
Publicar un comentario