11.3.08

Os ovos de Pascua


Xa adornan as nosas pastelerías, polo que eiquí vos expoño un pequeno resumen da súa historia.

Entre os séculos IX e XVIII, a igrexa prohibiu o consumo de ovos durante a cuaresma, por consideralos equivalentes á carne. Para escapar desa prohibición a xente cocíaos e pintábaos para diferencialos dos frescos e podelos consumir o día de Pascua de Resurrección. Na actualidade, a tradición continúa con algunhas variacións. En Europa mantense a tradición que data dende a Idade Media de adornar ovos con tintes e pinturas. Aínda que parece que a práctica de ovos ornamentais era principalmente elaborada polas clases altas, extendeuse a outras, con decoracións máis sinxelas, como o emprego de follas de árbore. O comercio e a modernidade incorporaron os ovos de chocolate, e os ovos de plástico, para enchelos. Según conta a lenda, escóndeos o Coello de Pascua para que os nenos os busquen.

2 comentarios:

sideral dijo...

Encántame o estilísmo capilar deses dous oviños...jurjur

Raquel dijo...

Pois a verdade é que son bastante inxeniosos...