30.11.08

Como se chama?

Entramos no Nadal

A cafeína


Está presente no café, té, cacao, chocolate e bebidas de cola e guaraná. É un estimulante, que pode chegar a ser prexudicial si se abusa del. Si se toma con moderación, non só non resulta malo, ata pode ser beneficioso. O consumo excesivo de cafeína pode provocar dependencia: dor de cabeza, irritabilidade e somnolencia patolóxica. A dosis altas produce excitación, ansiedade e insomnio, temblor, un aumento xeralizado da sensibilidade e diminución dos reflexos. Tamén pode provocar gastritis por estimulación da secreción gástrica.

29.11.08

Para "El Padrino"


A sacarina é o edulcorante artificial máis antiguo. Descubriuse en 1879 mais o seu uso aumentou durante as dúas Guerras Mundiais debido á falta de azúcar.
É 300 veces máis dulce co azúcar aínda que como ten un regusto un pouco amargo moi a miúdo asóciase a otros endulzantes artificiais (ciclamatos e aspartamo).
Pode aparecer en forma de pastillas, gránulos, polvo ou líquida. Químicamente é unha imida o-sulfobenzoica. Denomínase na industria alimentaria coas siglas E954.

27.11.08

Que é?


Adiviñas


"Por un caminito adelante
va caminando un bicho
y el nombre de ese bicho
ya te lo he dicho"

"Por más que me cubren,
al final me descubren".

"Mi madre es tartamuda,
mi padre es cantor,
tengo blanco mi vestido,
amarillo el corazón".

25.11.08

Mañá votamos!!!


As “sufragistas” formaron un movemento reformista social, económico e político que promovía a extensión do “sufragio” (dereito de voto) ás mulleres. As mulleres non sempre puideron votar, pero aínda así esta prohibición suprimiuse antes que a que non permitía votar ás persoas de color.
En España, as mulleres debemos o noso dereito ó voto á loita dunha muller chamada Clara Campoamor.

24.11.08

Para a profe, miña pobre...



Hemofilia


Os factores de coagulación son un grupo de proteínas responsables de activar o proceso de coagulación. Hai identificados 13 factores ( I, II,…..XIII). Actúan en cascada, é dicir, un activa ó seguinte; si se é deficitario dun factor, non se produce a coagulación ou retrásase moito. A hemofilia é unha enfermidade hereditaria caracterizada pola aparición de hemorraxias internas e externas debido á deficiencia total ou parcial dunha proteína coagulante denominada globulina antihemofílica (factor de coagulación). Cando hai carencia ou déficit de algún factor de coagulación, o sangue tarda máis tiempo en formar o coágulo e aínda que chegue a formarse, non é consistente e non se forma un bo tapón para detela hemorraxia. Ha dúas variedades de hemofilia: Hemofilia A: déficit do factor VIII de coagulación. Hemofilia B: déficit do factor IX de coagulación.
É unha enfermidade xenética, que transmiten sobre todo as nais ós seus fillos varóns.

23.11.08

Para algunhas "fans"


Física é a ciencia que estuda as propiedades da natureza coa axuda das matemáticas. Estuda as propiedades da materia, a enerxía, o tempo, o espazo e as relacións entre eles. É unha ciencia teórica e experimental.
Química é a ciencia que estuda a composición, estructura e propiedades da materia, como os cambios que esta experimenta durante as reaccións químicas. A química inorgánica estuda a materia inorgánica, a química orgánica a materia orgánica, a bioquímica estuda as substancias dos organismos biolóxicos; a físico-química estuda a enerxía de sistemas químicos, a química analítica, analiza mostras de materia tratando de entender a súa composición e estructura, a neuroquímica estuda os aspectos químicos do cerebro...

Sabías que...


O 8 de maio de 1794, Lavoisier foi guillotinado durante o período máis violento da Revolución Francesa. Según Lagrange "non lles costou máis que un momento para cortar aquela cabeza, pero quizá se necesiten máis de cen anos para atopar outra igual".

22.11.08

Academia Auriense-Mindoniense


Hoxe, na nosa querida vila, un conxunto de políticos, intelectuais e membros da igresia constituiron a Academia Auriense-Mindoniense, unha institución formada por dous patronos, os bispos de Ourense e Mondoñedo-Ferrol e 24 académicos numerarios que velarán polo estudo e difusión da figura e legado de San Rosendo.

20.11.08

Interesante


O matemático italiano Leonardo de Pisa (1170 - 1240) máis coñecido como Fibonacci, en 1202 publicou un libro onde demostraba que a sucesión de Fibonacci aparece constantemente na natureza. Por exemplo: Si contas as escamas dunha piña, observarás que aparecen en espiral orredor do vértice en número igual ós termos da sucesión de Fibonacci (0,1,1,2,3,5,8,13,21,34,55,89…) O mesmo ocurre coas pipas de xirasol que forman unha rede de espirais, unhas van no sentido horario e outras no antihorario, mais sempre as cantidades dunhas e doutras son os termos consecutivos da sucesión de Fibonacci.

Moi curioso...


www.elpais.com/articulo/sociedad/cientificos/ponen/cara/Nicolas/Copernico/elpepusoc/20081120elpepusoc_10/Tes

19.11.08

Fiordos Noruegos 1º ESO


Durante miles de anos as masas de xeo deslizáronse polas ladeiras das montañas e polos vales, arrastrando consigo pedras e terra, enterrando e ensanchando cada vez máis os propios vales. O resultado, cando o mar penetrou neles, foron os fiordos noruegos, que destacan na lista das formacións terrestres máis impresionantes.
A UNESCO incluíunos na lista do Patrimonio Mundial. Os fiordos Geirangerfjord e Nærøyfjord gozan xa da posición de ben natural mundial xunto con lugares tan ilustres como a muralla china, as pirámides de Exipto, as cataratas Victoria e o Gran Cañón de EE.UU.

18.11.08

Monumentos MEGALÍTICOS




Dolmen: Monumento construído con grandes bloques de pedra que forma unha cámara de enterramento que soporta unha ou varias pedras planas a modo de teito. Moitos estiveron recubertos de terra.
Menhir: Gran pedra alongada (monolito) colocada verticalmente no solo.
Cromlech: Círculo de pedras formado por varios monolitos. O máis coñecido é STONEHENGE, situado en Salisbury (suroeste de Inglaterra).

Moi curioso...


Sabes quen cumpre anos hoxe?
noticias.123.cl/entel123/html/Tele13/Noticias/Internacional/361848.html

Peixes Abisais


www.escalofrio.com/n/Animales/Peces_Abisales/Peces_Abisales.php
www.escalofrio.com/n/Criptozoologia/Seres_de_las_Profundidades_Abisales/Seres_de_las_Profundidades_Abisales.php

16.11.08

A Roda dos Alimentos


Grupo I: Leite e derivados. Son alimentos plásticos ( predominan as proteínas).
Grupo II: Carnes, peixes e ovos. Alimentos plásticos (predominan as proteínas).
Grupo III: Legumes, froitos secos e patacas. Alimentos enerxéticos,plásticos e reguladores (predominan os glúcidos e tamén posúen cantidades importantes de proteínas, vitaminas e minerais).
Grupo IV: Hortalizas e verduras. Alimentos reguladores (predominan as vitaminas e sales minerais).
Grupo V:Froitas. Alimentos reguladores( predominan as vitaminas e sales minerais).
Grupo VI: Cereais, doces, pastas. Alimentos enerxéticos (predominan os glúcidos).
Grupo VII: Mantecas graxas e aceites. Alimentos enerxéticos (predominan os lípidos).
A OMS considera que unha dieta é equilibrada en nutrintes si contén a seguinte proporción:
• Proteínas: non superarán o 15 %.
• Lípidos: o 30 % como máximo.
• Glúcidos: o resto ata completar o 100 %.
As necesidades enerxéticas dunha persoa son de 50 kcal por kg de peso e día, en idade escolar, e 40 kcal por kg de peso e día, en idade adulta.

Un viaxeciño...


www.elpais.com/articulo/sociedad/Endeavour/parte/ISS/mision/reparacion/elpepusoc/20081115elpepusoc_1/Tes

15.11.08

No país dos ananos


Pouca xente sabe que cando Gulliver estivo en Lilliput non sabía como durmir. Os seus diminutos e solícitos anfitrións trouxéronlle 600 colchóns liliputienses para que se acomodara. Gulliver era doce veces máis alto que un lilliputiense. Poderá durmir cómodo? RAZOA A RESPOSTA!!!
Por certo, alguén saberíame dicir quen escribiu "Viaxe ao país dos ananos"?

Para os de 4º ESO


Os gremios apareceron en Europa durante a Baixa Idade Media, que comprendeu dende o século XI ata o XV. Desenvolvéronse nas cidades e eran asociacións formadas por mestres, oficiais e aprendices dun mismo oficio; estaban controladas por ordenanzas ou estatutos especiais e incluso tiñan un certo carácter relixioso. Cada gremio tiña o seu santo particular e creáronse as cofradías. A partir do século XVIII comenzan as desaparecer, sustituídos pola iniciativa privada e o desenvolvemento da industria moderna ( os talleres pecharon e mestres e aprendices foron ó desempleo).A partir dese momento os obreiros asociáronse en sindicatos e partidos políticos.

14.11.08

E que pasou ó final


co examen de física de 1º de bachiller?

12.11.08

Isótopos


Está MOI BEN este enlace. Explica cun exemplo como se calcula a masa atómica dun elemento ( carbono) a partir de todos os seus isótopos.payala.mayo.uson.mx/QOnline/Isotopos.htm

Os océanos piden axuda...


Este enlace parate ó tanto www.elpais.com/articulo/futuro/paso/colapso/oceanos/elpepusocfut/20081112elpepifut_2/Tes

11.11.08

O Magosto


A castaña constituíu a base da nosa alimentación ata a chegada dende América da pataca e o millo. Agora é a protagonista indiscutible da festa do Magosto, que hoxe, día de San Martín de Tours, celébrase en Ourense. A orixe do nome de Magosto pode estar en Magnus Ustus (lume grande) ou Magum Ustum (referíndose ó carácter máxico do lume). Festas parecidas:
• O Gaztañarre no País Vasco.
• A Magosta en Cantabria.
• O Maguestu en Asturias.
• A Castañada en Cataluña.
• A Chiquitía, a Chaquetía, a Calvochá en Extremadura.
• Ou Magusto en Portugal.

7.11.08

Por certo...


que foi hoxe desta muller?

Do 5 ó 12 de Novembro


A chuvia de meteoros das táuridas (meteoritos que saen da constelación de tauro) prodúcese cada ano entre finais de octubre e principios de novembro, cando a Terra cruza un río de polvo espacial asociado ó cometa Encke. Diminutos grans dese polvo golpean a atmósfera a 104.000 kilómetros por hora, velocidade á que a máis minúscula mota de polvo provoca un intenso raio de luz cando se desintegra. O mellor momento para observar a chuvia de meteoros é a medianoite. Non se pode comparar ca chuvia das Leónidas (ou chuvia de San Lorenzo), porque caen uns poucos cada poucas horas. De todos os xeitos é un gran espectáculo.

6.11.08

A miña sinceira reacción ante os exámenes de 4º ESO

Esbirro ( que non espirro)


# Persoa pagada por outra para que realice accións violentas no seu lugar.
# O que se dedica profesionalmente a executar as ordes violentas dunha autoridade.

Sinónimo de sicario, secuaz, paniaguado, partidario ou seguidor.

5.11.08

Laika, para os de 1º ESO


O 3 de novembro de 1957 a URSS lanzou ó espacio o Sputnik-2, cun ser vivo no seu interior: unha cadeliña chamada Laika. Era unha cadela abandoada de Moscú que fora especialmente entrenada para esta misión. Laika morreu poucas horas despois do inicio da misión debido ás altas temperaturas e ó pánico. A coitada tivo que soportar unha humidade moi alta e temperaturas duns 40°C, que acabaron coa súa vida entre cinco e sete horas despois do despegue. Despois de Laika, a URSS enviaría ó espacio 12 cadelos dos que 5 chegaron vivos de volta á Terra.

4.11.08

Por que as eleccións en EEUU son sempre o primeiro martes despois do primeiro luns do mes de Novembro dende 1845?


Novembro era un dos meses con menos carga de traballo no campo. Xa se recollera a colleita e o clima era máis apacible como para non impedir que a poboación se desplazara. Un martes porque gran parte dos posibles electores vivían en núcleos rurais, e facían longas viaxes para poder exercer o dereito ó voto. Ésto obligáballes a partir o día anterior. Un luns non podería ser posto que moitas persoas terían que iniciar a viaxe o domingo e esto impediría practicar os servicios de culto nas igresias. Ademais tiña que ser o martes despois do primeiro luns dado que en EEUU o primeiro de novembro celébrase a festa católica de "Todos los Santos", e tamén a maioría dos comercios pechaban os seus libros de contas a mes vencido o primeiro de mes. Ás instituciónss electorais preocupáballes que os resultados económicos provocaran algunha influencia no resultado do voto.