4.11.08

Por que as eleccións en EEUU son sempre o primeiro martes despois do primeiro luns do mes de Novembro dende 1845?


Novembro era un dos meses con menos carga de traballo no campo. Xa se recollera a colleita e o clima era máis apacible como para non impedir que a poboación se desplazara. Un martes porque gran parte dos posibles electores vivían en núcleos rurais, e facían longas viaxes para poder exercer o dereito ó voto. Ésto obligáballes a partir o día anterior. Un luns non podería ser posto que moitas persoas terían que iniciar a viaxe o domingo e esto impediría practicar os servicios de culto nas igresias. Ademais tiña que ser o martes despois do primeiro luns dado que en EEUU o primeiro de novembro celébrase a festa católica de "Todos los Santos", e tamén a maioría dos comercios pechaban os seus libros de contas a mes vencido o primeiro de mes. Ás instituciónss electorais preocupáballes que os resultados económicos provocaran algunha influencia no resultado do voto.

2 comentarios: