15.4.24

ARRECIFES

 


PULMÓNS CASEIROS


 

PEMENTO PICANTE!!!

 Engadir lácteos é un bo xeito de reducir o sabor picante. Os lácteos conteñen caseína, unha proteína que actúa sobre a capsaicina (presente en pementos picantes) neutralizándoa e evitando así que provoque picor.

11.4.24

ANÉMONA OU ACTINIA

Poden medir de cm a 2m.

Os tentúlos conteñen células que producen veleno ( alimentación e defensa).

Comen peixes, moluscos e ourizos de mar.

Realizan SIMBIOSE con:

. Algas denominadas ZOOXANTELAS. A anémona dálles protección e as algas danlle parte da enerxía obtida na fotosíntese.

. Con peixes (peixes-anémona). Os peixes acércanlle alimento á anémona e ela dálles protección ( os peixes son inmunes ao veleno), 

Reprodúción. 

Hai especies que teñen reprodución asexual (escisión e xemación) e outras sexual (gametos). Tamén poden ter fecundación interna ou externa,




 


9.4.24

Mola mola ou Peixe "Luna"

É un dos peixes óseos máis grandes do mundo, podendo acadar lonxitudes de 3 metros de longo. 4 de alto, e pesar máis de 2 toneladas.

Esta especie é considerada a máis fecunda entre todos os vertebrados, xa que a femia desova aproximadamente 300 millóns de ovos.

Aliméntanse principalmente de zooplancton, medusas e peixes pequenos. 



 

4.4.24

PITA DO MONTE ("UROGALLO")

Menos de 1.500 exemplares sobreviven en España, polo que está considerada unha especie en perigo crítico de  extinción.Só se atopa actualmente en zonas do Cantábrico e Asturias, cando hai  anos atopábase prácticamente por todo o norte da Península.