31.7.08

Unha información máis doce...

A cassata siciliana é unha tarta tradicional de Sicilia a base de biscoito,queixo fresco dulce de cabra, licor, froita escarchada, trociños de chocolate e pistachos. Os cannolis son outros doces, parecidos ás nosas cañas, que teñen como recheo o mesmo que a cassata.Divinos.

30.7.08

O RETORNO

Querid@s pequen@s xa estou de volta da miña viaxe polo país onde se creou a Mafia. Moi bonito, a pasta riquísima, os dulces exquisitos, as praias preciosas,os italianos morenos de ollos verdes, e o máis importante...QUE TIENDAS!!! Versace, Cavalli, Dolce&Gabana, Guchi,Prada,Valentino...Mamma mía!!!
PD: Por certo, para aqueles que algunha vez no fondo, moi no fondo , desexáronme algún mal estarán content@s, dado que me picou unha medusa DÚAS VECES...

14.7.08

Por fin!!!


VOUME!!! Estarei 15 días de descansiño e despois retomarei este blog estival, no que por certo, ninguén participa...pero eu non me rendirei. Saúdos.

12.7.08

Pois mira...

hoxe dedico este post a unha persoa que é fiel e participa todos os días no blog. Ese/a homiño ou mulleriña que sempre di que este blog non lle serve para nada. Home, polo menos sí che vale para algo,criticar, que é un dereito coma calquera outro. Gracias.

8.7.08

Ollo ós que pasedes a Bacharelato...

A proba de selectividade está en proceso de modificación...Para saber máis
www.elpais.com/articulo/sociedad/nueva/selectividad/sera/flexibe

4.7.08

Tedes ex-compañeiros xornalistas!!!

Un dos nosos moi queridos ex-alumnos está traballando como xornalista. Orgullosa estou unha vez máis de ter sido mestra de xente tan boa e intelixente. Parabéns, David R.S.

Xeroglíficos

Destino





Falta de habilidade

1.7.08

Taormina

Situada na costa este da illa de Sicilia (Italia), a medio camiño entre as provincias de Mesina e Catania. Enfrente ten o Etna.

www.lasicilia.es/taormina/