16.11.08
A Roda dos Alimentos
Grupo I: Leite e derivados. Son alimentos plásticos ( predominan as proteínas).
Grupo II: Carnes, peixes e ovos. Alimentos plásticos (predominan as proteínas).
Grupo III: Legumes, froitos secos e patacas. Alimentos enerxéticos,plásticos e reguladores (predominan os glúcidos e tamén posúen cantidades importantes de proteínas, vitaminas e minerais).
Grupo IV: Hortalizas e verduras. Alimentos reguladores (predominan as vitaminas e sales minerais).
Grupo V:Froitas. Alimentos reguladores( predominan as vitaminas e sales minerais).
Grupo VI: Cereais, doces, pastas. Alimentos enerxéticos (predominan os glúcidos).
Grupo VII: Mantecas graxas e aceites. Alimentos enerxéticos (predominan os lípidos).
A OMS considera que unha dieta é equilibrada en nutrintes si contén a seguinte proporción:
• Proteínas: non superarán o 15 %.
• Lípidos: o 30 % como máximo.
• Glúcidos: o resto ata completar o 100 %.
As necesidades enerxéticas dunha persoa son de 50 kcal por kg de peso e día, en idade escolar, e 40 kcal por kg de peso e día, en idade adulta.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Jairo, en internet fala de ferver, deixar ó sol, e de filtros de carbón activo...ese será o máis seguro. Incluso hai un de botar á auga froitas e ramiñas de pino, o cloro reacciona con elas e ó sacalas da auga esta queda sen cloro...
Coitadas tartarugas!!!
Por certo, como se chaman?
Publicar un comentario