31.12.08

Fin de ano 2008


Que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar a onde ir, e alguén a quen querer... Feliz 2009, meus pequenos!!!

Parabéns, pulga!!!


es.youtube.com/watch?v=6m6XyVnw8CI

es.youtube.com/watch?v=YoLqRSP6UNo

30.12.08

Criterio


-5, 7/2, -9/3, 11/4, -13/5...
5/6, 7/12, 9/24, 11/48, 13/96...
1/2, -2/6, 3/18, -4/54, 5/162...

29.12.08

Criterio e tres téminos máis.


1, 1/2, 1/3, 1/4, 1/5, 1/6...
1/2, 2/3, 3/4, 4/5, 5/6...
-3, -1, -1/3, 0, 1/5...
-1, 2, -3, 4,-5...
3, -2, 5/3, -3/2, 7/5...
1, 1/2, 3, 1/4, 5...
-4, 9, -16, 25, -36...
1/4, 1, 9/12, 1, 25/28...
es.youtube.com/watch?v=Pikz3DMhu54

28.12.08

Santos Inocentes


Dacordo a un relato do Evanxeo de San Mateo, o Rei Herodes mandou matar ós nenos de Belén menores de dous anos ó verse burlado polos magos de Oriente que viñeran para adorar a un recién nacido de estirpe rexia. A partir do século IV, estableceuse unha festa para venerar a estos nenos, mortos como "mártires" en substitución de Xesús.Na Idade Media, os escritores cristiáns dicían que foran asasinados entre 3.000 e 15.000 bebés. Mais Belén tería uns 800 habitantes, polo que habería uns 20 nacementos ó ano, que tendo en conta a alta mortalidade infantil daquela época(o 50% antes de cumplir os dous anos), os nenos que deberon morrer pola orde de Herodes rondarían os vinte.

24.12.08

Feliz Noiteboa!!!


Que Papá Noel vos traia todo o que merezades..ou non ;)

21.12.08

Hoxe é a festividade de Yule (é o solsticio de inverno)


O solsticio de inverno é o día máis curto do ano, debido a que a Terra está máis inclinada con respecto ó Sol e recibe menos luz. A partir deste día as horas de luz (de Sol) comezan a aumentar. As culturas antiguas, como a celta, celebraban este día e a festividade denominábase Yule. Durante a mesma era tradicional queimar o tronco de Yule, un tronco que ía ardendo lentamente durante toda a temporada de celebracións, en honor do nacemento do novo Sol ( apartir desta data os días facíanse máis longos). Desa tradición proceden os pasteis en forma de tronco (troncos de chocolate) que se comen polo Nadal. As festas navideñas empezáronse a celebrar a partir da Idade Media. Os papas daquela época fixaron a data do 25 de decembro, precisamente para que os fieis prestasen menos atención ás festas paganas do solsticio de inverno e máis ás celebracións relixiosas. Incluso a típica árbore de nadal ten unha orixe celta ( para eles as árbores eran sagradas).

17.12.08

Por que se di "Salud" ó espirrar?


Dícese que durante a epidemia de peste que houbo en Roma en 591, baixo o pontificado de Gregorio I, os afectados morrían espirrando, e que de tal circunstancia procede o de dicir "Salud!" ou Xesús!, para desexar que o espirro non implicase que esa persoa collera a peste. Avicena, médico e filósofo persa (980-1037), ó falar dos síntomas da viruela, dicía que un espirro continuado anuncia polo xeral o principio da enfermidade, polo que cando se escoite espirrar a alguén pídese a Deus que o aparte do perigo. Outras teorías din que esta práctica comezou a empregarse en África, no século VI, con motivo da aparición dunha epidemia, e foron os árabes os que propagaron polo mundo este costume.

E ó final ata o pasamos ben,,,


...a pesar do susto do desmaio.

13.12.08

Excursións a Vigo ( días 15, 16 e 17)


A fundación "Barrié de la Maza" de Vigo realiza unha exposición sobre Paul Strand, así como unha serie de Obradoiros relacionadas coa fotografía.
Paul Strand naceu en Nueva York e era fillo de inmigrantes checos. Foi un importante fotógrafo (precursor da fotografía realista) e tamén director de cine.
images.google.es/images?q=Paul+Strand&hl=es&rls=RNWM,RNWM:2006-48,RNWM:en&um=1&ie=UTF-8&sa=X&oi=images&ct=title|

Seguimos...




2,3,5,8,¿? ,17,23,¿?,38.

1,2,4,7,11,¿?,22,29,37,46,¿?

4,9,6,11,8,¿?,10,15,12,17,¿?,19,16,¿?,18.

11.12.08

Empezamos polo faciliño...


Que números faltan?
2, 4, 6, 8, 10, , 14, 16, ? , 20.
1, 3, , 7, 9, 11, , 15, 17, ? , 21.
5, 10, 15, , 25, 30, ? , 40, 45, .
3, 6, 9, , 15, 18, 21, 24, ? , 30.

10.12.08

Como dicía Quevedo...


• "Nadie ofrece tanto como el que no va a cumplir."
• "Si quieres que te sigan las mujeres, ponte delante."
• "La envidia va tan flaca y amarilla porque muerde y no come."
• "El amigo ha de ser como la sangre, que acude luego a la herida sin esperar que le llamen."
• "El que quiere de esta vida todas las cosas a su gusto, tendrá muchos disgustos."
• "Entre el clavel y la rosa, su majestad es-coja."
Nota: Dicho a la reina, la cual era coja, por una apuesta.
• "Lo más seguro es no ponerse en peligro."
• "Sólo el que manda con amor es servido con fidelidad."
• "Todos anhelamos llegar a viejos y todos hemos negado que ya hemos llegado."
• "Todos los que parecen estúpidos, lo son y, además también lo son la mitad de los que no lo parecen."
• "Uno a uno, todos somos mortales; juntos, somos eternos."

E mañá...


poremos parte do escenario para a función navideña.

9.12.08

A-HA e Rick Ashley



Esto era o que lle "molaba" á profe cando tiña a vosa idade...e nin punto de comparación con eses de Tokio-Hotel...
es.youtube.com/watch?v=RMWXyEHoN88
Máis este cantaba ben e todo!!! As pintas das que bailan detrás eran "lo más" da época...
es.youtube.com/watch?v=ApUBJOi1cvg&feature=related

4.12.08

Unhas notazas, as de terceiro...

Tipex


A base de bencina (similar á gasolina), auga e hidrocarburos aromáticos, que son compostos orgánicos, sendo o máis representativo o Benceno.

3.12.08

Caviar


Elaborado a partir das huevas do esturión. O máis refinado e caro é o eleborado a partir das diferentes especies de esturións do Mar Caspio. Está considerado mundialmente un manxar refinado e é coñecido dende o Renacemento. O peso normal dun esturión é de 40 a 300 kgs. ( aínda que a veces pode superar os 1000 kgs) e o caviar que se obtén corresponde a un 15% do seu peso. O caviar fresco obtense das huevas da femia de esturión. É capturada en redes e trasladada viva á piscifactoría. Unha vez alí, son anestesiados cun golpe na cabeza, pero non se matan. As huevas deben ser extraídas mentras está viva, xa que ó morrer segregan un producto químico , que amarga o caviar.

1.12.08

Por certo...


preciso voluntarios/as para que me axuden a montar o Belén...

Mármore de Carrara



Os picos que dominan Carrara e Pietrasanta parecen estar cubertos de neve. Mais só é unha ilusión, porque en realidade son grandes extensións de residuos que deixou a explotación de canteiras. Esta sección dos Alpes da Toscana, no centro-norte de Italia, é unha rareza xeolóxica: as montañas están feitas de mármore puro. Non existe en ningún outro lugar do mundo. Os antiguos romanos xa explotaban estas canteiras para a construcción e a escultura. Miguel Ángel chegou ata esquí no ano 1505 para elexir os bloques de mármore de grano fino, sin vetas nin defectos, cos que esculpiría algunhas das súas máis célebres obras maestras.

30.11.08

Como se chama?

Entramos no Nadal

A cafeína


Está presente no café, té, cacao, chocolate e bebidas de cola e guaraná. É un estimulante, que pode chegar a ser prexudicial si se abusa del. Si se toma con moderación, non só non resulta malo, ata pode ser beneficioso. O consumo excesivo de cafeína pode provocar dependencia: dor de cabeza, irritabilidade e somnolencia patolóxica. A dosis altas produce excitación, ansiedade e insomnio, temblor, un aumento xeralizado da sensibilidade e diminución dos reflexos. Tamén pode provocar gastritis por estimulación da secreción gástrica.

29.11.08

Para "El Padrino"


A sacarina é o edulcorante artificial máis antiguo. Descubriuse en 1879 mais o seu uso aumentou durante as dúas Guerras Mundiais debido á falta de azúcar.
É 300 veces máis dulce co azúcar aínda que como ten un regusto un pouco amargo moi a miúdo asóciase a otros endulzantes artificiais (ciclamatos e aspartamo).
Pode aparecer en forma de pastillas, gránulos, polvo ou líquida. Químicamente é unha imida o-sulfobenzoica. Denomínase na industria alimentaria coas siglas E954.

27.11.08

Que é?


Adiviñas


"Por un caminito adelante
va caminando un bicho
y el nombre de ese bicho
ya te lo he dicho"

"Por más que me cubren,
al final me descubren".

"Mi madre es tartamuda,
mi padre es cantor,
tengo blanco mi vestido,
amarillo el corazón".

25.11.08

Mañá votamos!!!


As “sufragistas” formaron un movemento reformista social, económico e político que promovía a extensión do “sufragio” (dereito de voto) ás mulleres. As mulleres non sempre puideron votar, pero aínda así esta prohibición suprimiuse antes que a que non permitía votar ás persoas de color.
En España, as mulleres debemos o noso dereito ó voto á loita dunha muller chamada Clara Campoamor.

24.11.08

Para a profe, miña pobre...



Hemofilia


Os factores de coagulación son un grupo de proteínas responsables de activar o proceso de coagulación. Hai identificados 13 factores ( I, II,…..XIII). Actúan en cascada, é dicir, un activa ó seguinte; si se é deficitario dun factor, non se produce a coagulación ou retrásase moito. A hemofilia é unha enfermidade hereditaria caracterizada pola aparición de hemorraxias internas e externas debido á deficiencia total ou parcial dunha proteína coagulante denominada globulina antihemofílica (factor de coagulación). Cando hai carencia ou déficit de algún factor de coagulación, o sangue tarda máis tiempo en formar o coágulo e aínda que chegue a formarse, non é consistente e non se forma un bo tapón para detela hemorraxia. Ha dúas variedades de hemofilia: Hemofilia A: déficit do factor VIII de coagulación. Hemofilia B: déficit do factor IX de coagulación.
É unha enfermidade xenética, que transmiten sobre todo as nais ós seus fillos varóns.

23.11.08

Para algunhas "fans"


Física é a ciencia que estuda as propiedades da natureza coa axuda das matemáticas. Estuda as propiedades da materia, a enerxía, o tempo, o espazo e as relacións entre eles. É unha ciencia teórica e experimental.
Química é a ciencia que estuda a composición, estructura e propiedades da materia, como os cambios que esta experimenta durante as reaccións químicas. A química inorgánica estuda a materia inorgánica, a química orgánica a materia orgánica, a bioquímica estuda as substancias dos organismos biolóxicos; a físico-química estuda a enerxía de sistemas químicos, a química analítica, analiza mostras de materia tratando de entender a súa composición e estructura, a neuroquímica estuda os aspectos químicos do cerebro...

Sabías que...


O 8 de maio de 1794, Lavoisier foi guillotinado durante o período máis violento da Revolución Francesa. Según Lagrange "non lles costou máis que un momento para cortar aquela cabeza, pero quizá se necesiten máis de cen anos para atopar outra igual".

22.11.08

Academia Auriense-Mindoniense


Hoxe, na nosa querida vila, un conxunto de políticos, intelectuais e membros da igresia constituiron a Academia Auriense-Mindoniense, unha institución formada por dous patronos, os bispos de Ourense e Mondoñedo-Ferrol e 24 académicos numerarios que velarán polo estudo e difusión da figura e legado de San Rosendo.

20.11.08

Interesante


O matemático italiano Leonardo de Pisa (1170 - 1240) máis coñecido como Fibonacci, en 1202 publicou un libro onde demostraba que a sucesión de Fibonacci aparece constantemente na natureza. Por exemplo: Si contas as escamas dunha piña, observarás que aparecen en espiral orredor do vértice en número igual ós termos da sucesión de Fibonacci (0,1,1,2,3,5,8,13,21,34,55,89…) O mesmo ocurre coas pipas de xirasol que forman unha rede de espirais, unhas van no sentido horario e outras no antihorario, mais sempre as cantidades dunhas e doutras son os termos consecutivos da sucesión de Fibonacci.

Moi curioso...


www.elpais.com/articulo/sociedad/cientificos/ponen/cara/Nicolas/Copernico/elpepusoc/20081120elpepusoc_10/Tes

19.11.08

Fiordos Noruegos 1º ESO


Durante miles de anos as masas de xeo deslizáronse polas ladeiras das montañas e polos vales, arrastrando consigo pedras e terra, enterrando e ensanchando cada vez máis os propios vales. O resultado, cando o mar penetrou neles, foron os fiordos noruegos, que destacan na lista das formacións terrestres máis impresionantes.
A UNESCO incluíunos na lista do Patrimonio Mundial. Os fiordos Geirangerfjord e Nærøyfjord gozan xa da posición de ben natural mundial xunto con lugares tan ilustres como a muralla china, as pirámides de Exipto, as cataratas Victoria e o Gran Cañón de EE.UU.

18.11.08

Monumentos MEGALÍTICOS




Dolmen: Monumento construído con grandes bloques de pedra que forma unha cámara de enterramento que soporta unha ou varias pedras planas a modo de teito. Moitos estiveron recubertos de terra.
Menhir: Gran pedra alongada (monolito) colocada verticalmente no solo.
Cromlech: Círculo de pedras formado por varios monolitos. O máis coñecido é STONEHENGE, situado en Salisbury (suroeste de Inglaterra).

Moi curioso...


Sabes quen cumpre anos hoxe?
noticias.123.cl/entel123/html/Tele13/Noticias/Internacional/361848.html

Peixes Abisais


www.escalofrio.com/n/Animales/Peces_Abisales/Peces_Abisales.php
www.escalofrio.com/n/Criptozoologia/Seres_de_las_Profundidades_Abisales/Seres_de_las_Profundidades_Abisales.php