29.2.08

Que é un ano bisiesto?

Este ano é bisiesto, o que quere decir que ten 366 días no canto de 365. Nos anos bisiestos, febreiro ten 29 días e non os 28 correspondentes. Como a Terra tarda 365,256 días en dar unha volta ó Sol, cada catro anos necesitamos un ano bisiesto, para que as estacións non se confundan e , por exemplo, o día 21 de marzo sexa o comezo da primavera. Se tódolos anos contásemos 365 días, despois de 12 anos estaríamos desfasados…No ano 46 a.C, Julio César aprobou o calendario Juliano, que incorporaba o ano bisiesto. O seu sucesor, o calendario Gregoriano, incluíu anos bisiestos cada catro anos, según un ciclo de 400 anos. A maioría de países foi adoptando este calendario, fixando o primeiro día do ano no 1 de xaneiro.

ALUMNOS 4ºE.S.O


Intrigada estou de como foi a recuperación e estou desexando ollar eses exames...

28.2.08

Algo de Literatura...

Chámaselle décima á estrofa composta por dez versos.
Vicente Espinel, poeta español, foi o creador da que leva o seu nome:" La Espinela". Componse de dez versos de oito sílabas (octosílabos).
Estos riman en consoante (rima perfecta).

Resultados "Tecnología"


Para aqueles alumnos que asistiron á corrección do exame no seminario de hoxe. Accedede ó comentario.

Resultados de Orgánica...


Para aqueles que sodes asiduos ó blog, podedes entrar en comentarios para saber as notiñas do examen, do que quedáchedes tan cansados...

27.2.08

ALUMNOS 4ºE.S.O


E que tal a primeira toma de contacto coa trigonometría?...

Hipocampo 1º ESO


Ocelote 1º ESO


26.2.08

A Química Orgánica na práctica. 3º e 4º ESO


Algunha vez escoitarías falar dos OCTANOS da gasolina. Espero que o poidas entender mellor con esta pequena explicación.

Cando se queima a gasolina no interior do cilindro do motor do automóvil, a explosión debe ser tal que empuxe ó pistón de xeito suave e continuo. Si a combustión é demasiado rápida, prodúcese unha detonación que fai que o pistón reciba un golpe brusco e se reduza a eficiencia do motor.
Ó índice de octano dunha gasolina é unha medida da súa capacidade antidetonante. As gasolinas que teñen un alto índice de octano producen unha combustión máis suave e efectiva. O índice de octano dunha gasolina obtense por comparación do poder detonante da mesma co dunha mezcla de isooctano e heptano. Ó isooctano asígnaselle un poder antidetonante de 100 e ó heptano de 0. Unha gasolina de 97 octanos compórtase, no que se refire á súa capacidade antidetonante, como unha mezcla que contén o 97% de isooctano e o 3% de heptano.

"Pequenos Chefs"


Hoxe por primeira vez os alumnos do primeiro ciclo de E.P cociñaron dúas exquisiteces culinarias: "Ensalada mimosa" e " Patacas con queixo". Pasámolo moi ben e os nenos levaron xa feita a súa merenda. Seguiremos co taller o vindeiro mes.

Coloides (3º ESO)


Fase dispersa

Fase dispersante

Exemplo

Sólido

Sólido

Aleacións, pedras preciosas coloreadas

Sólido

Líquido

Suspensións de almidón, pinturas, tinta

Sólido

Gas

Fumo

Líquido

Sólido

Jaleas, queixo

Líquido

Líquido

Emulsión, mahonesa

Líquido

Gas

Nubes, néboa

Gas

Sólido

Lava, pedra pómez

Gas

Líquido

Escumas, nata batida

Parabéns, alumnos de cuarto!!!


Mañá adentrarémonos no sempre sorprendente mundo da trigonometría...

Escolopendra (artrópodo miriápodo) 1ºESO


Holoturias( equinodermos) 1ºESO



25.2.08

Esternocleidomastoideo


Este músculo permite tres accións diferentes: a rotación da cabeza ó lado contrario, a inclinación lateral, e unha leve extensión da cabeza : polo tanto é un músculo flexor, inclinador e rotatorio da cabeza.

Acertixos


Esta vez serán simples acertixos, non matemáticos. Só pon a proba a túa sagacidade.



A.Falo sin ter boca,

lánzanme por un terraplén

e cando chego a unha casa

todos me queren ver. -------------

B.Nazo en lugares abruptos
sin ter pai
e conforme vou morrendo
vai nacendo a miña nai.--------------

C.Voa sin ás,
asubía sin boca,
azouta sin mans
e ti nin o ves nin o tocas.---------------


Supoño que todos sabedes o que é...


Un PAQUIDERMO. Significa " animal de pel grosa". Ven do grego "paqui"=groso e "dermo"=pel.

24.2.08

Xa falta menos!!!



Dous puntiños de nada...

A petición das "morenas"




Pois eso, como queriades máis "bichos" curiosos, aquí están as vosas amigas de alcume...

23.2.08

Sabías que hoxe...


Aconteceu (1981)un fallido golpe de estado en España, tamén coñecido como 23-F. Levárono ó cabo algúns mandos militares, sendo a parte máis destacada o asalto ó Congreso dos diputados, por un numeroso grupo de gardias civís, dos que estaba ó mando o tenente coronel A. Tejero, durante a votación do candidato á presidencia do goberno Leopoldo Calvo Sotelo.

22.2.08

PARA UN VERDADEIRO SHERLOCK


Que número representa esta palabra P.E.Z en ciencias? Moreas de puntos para quen mo logre dicir ( e razoar cientificamente).

Pode ser un punto máis...

Antíguos aparatos para o estudo da física

  1. Cabestrante
    Tornillo sin fin
    Polea
Indica cal é a resposta correcta e a utilidade deste aparato. Si eres o primeir@ esperarate unha grata sorpresa ...

FELICIDADES


Un moi bo traballo merece un recoñecemento por parte da vosa profesora. Felicidades alumnos de 2º, o voso proxecto do semáforo está perfecto. Seguide a traballar así.

Para pensar un pouco...



Nun cadrado debemos colocar os números do 1 ó 9 sin repetirse ningún (un en cada cadro). Dispomos das seguintes pistas:

- Os veciños do 1 suman 15

- Os veciños do 2 suman 6

- Os veciños do 4 suman 23

- Os veciños do 5 suman 16

Un número é veciño doutro só si a casilla na que está comparte algún dos seus lados co outro.

Que número ocupará a casilla central?












21.2.08

Eclipse luar



Queres ver con detalle o derradeiro eclipse luar total da década, que tivo lugar a pasada noite ( do 20 ó 21 de febreiro) ? Aquí atoparás esas imaxes.
www.ucm.es/info/Astrof/obs_ucm/luna/eclipse_luna_21feb08.html
Si eres un entusiasta do universo, da súa inmensidade e beleza poderás achegarte a ela en
www.xtec.es/~rmolins1/solar/es/lluna.htm

20.2.08

Adiviñas matemáticas



A. Canto vale cada letra, tendo en conta a seguinte suma:

DOS
DOS
DOS
DOS
___
OCHO

B. Proba a túa habilidade cos números:
a.Pon o nº 10 de dous xeitos diferentes empregando catro noves.
b.Pon o nº 100 de tres xeitos diferentes empregando cinco cifras iguais. Pista: con uns, con treses e con catros.
c.Pon o número 30 con tres treses. Con tres seises. Con tres cincos.


ELECTRICIDADE


A petición dun compañeiro de 2ºE.S.O, esta páxina permitirá ir coñecendo ( e xogando) con algúns conceptos básicos de electricidade. Proximamente ampliaremos esta cuestión tan importante...
www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1021

Esta é moi fácil...


2

3

2

8

1

8

1

9

3

0

3

3

1

1

4

¿?

Non se come chicle...


Ultimamente unha frase moi empregada na nosa pequena familia colexial... Si queres saber o motivo de tan recurrente expresión, visita o seguinte enlace, coñecerás a súa procedencia, fabricación e a súa composición ( tan rica, sá, variada e equilibrada como cabería esperar).
www.sepiensa.org.mx/contenidos/p_chicles/chicle_1.htm

19.2.08

POIS MÁIS RETOS LÓXICOS...


A.Se 29 ras atrapan 29 moscas en 29 minutos. Cantas ras se necesitan para atrapar 87 moscas en 87 minutos?
B. Corrixe esta expresión de xeito que teña sentido, cambiando de lugar os catro díxitos , mais sen engadir outros signos matemáticos. 76=24
C. Un reloxio de parede cae ó chan e a esfera rompe en tres anacos. Os díxitos de cada anaco sumados dan o mesmo. Cales son os díxitos de cada anaco?

18.2.08

PLATELMINTOS: Tenia ou Solitaria


Alumnos de primeiro da ESO eiquí veredes unha tenia en "acción"...

wappy.ws/la-tenia-o-solitaria-video.html


16.2.08

Alumnos de 4º ESO

Para saber máis sobre o Bacharelato e Ciclos Formativos os seguintes enlaces poderanche ser de axuda


Bacharelato
www.terra.es/personal5/professn10/a34bavias.htm

Ciclos Formativos
www.educaweb.com/edw/seccion.asp?NoticiaID=1718&SeccioID=1781

Acertixos e adiviñas lóxicos. Atréveste?


A. Que número falta?

99

45

39

36

28

21

72

27

18

21

¿?

13

7


B. A roda dunha ruleta amosa números do 1 ó 36. A bola detívose no número polo que eu apostara, que é divisible por 3 e impar. Se os seus díxitos se suman ou se multiplican o resultado é un número comprendido entre entre 4 e 8. Por que número apostei?

C. Un pai di: son catro veces maior ca miña filla e nun plazo de vinte anos doblareille a idade. Que anos temos a miña filla e máis eu ahora?

Si che gusta poñerte a proba e pasalo ben, visita
http://ar.geocities.com/elportaldewebo/

15.2.08

Vampiros (morcegos)



Os alumnos de primeiro de ESO prantexaron esta dúbida: existen os vampiros? Pois sí, son un tipo de morcegos, exactamente hai tres tipos de morcegos que se alimentan de sangue...Podes velos en www.dgdc.unam.mx/temp_murcielagos.html

Programa Voz Natura




Neste mes instalaremos o invernadoiro na aula de natureza do centro. Nel, os alumnos de E.I e E.P realizarán cultivos de froitas, legumes e hortalizas. Os alumnos da ESO tamén participaredes desta actividade, naquelas áreas que se relacionen máis co coidado, respecto e mantemento da natureza e nas horas que sexan máis axeitadas. En E.I e E.P a actividade estará complementada cun taller de cociña cos productos que eles mesmos cultivaron, comezando xa a finais deste mes cas primeiras receitas, empregando as noces e castañas recollidas na horta durante o pasado outono.
Para máis información, podes acceder á páxina www.voznatura.es onde se recollen as características do concurso, artigos de interés, bases do concurso fotográfico, fotos e xogos relacionados coa preservación e coidado do medio ambiente.

Hoxe, 15 de Febreiro, estaría de cumpreanos Galileo Galilei


Galileo Galilei , como sabedes, importantísimo científico, fundamental para a confirmación definitiva da teoría Heliocéntrica de Nicolás Copérnico, naceu en Pisa, un 15 de febreiro, alá polo século XVI...e xa fora quen de observar as manchas solares ou as montañas lunares, grazas á invención do telescopio.

13.2.08

E non te esquezas do ALMORZO


Xa sabemos da importancia dunha dieta rica, sa, variada e equilibrada. Descúbreo en "Lo + en dietas; comer de todo un poco".

A riqueza e variedade da NATUREZA


Si che gustan as sorpresas divertidas á vez que curiosas recoméndoche esta páxina, onde poderás observar a riqueza e variedade da vida que nos rodea...
http://www.taringa.net/posts/imagenes/873454/Los-animales-más-raros.html

A literatura romántica, única orixe certa de San Valentín


A transmisión da literatura romántica a España é a única orixe real da festa de San Valentín, o resto de suposicións sobre a súa procedencia carecen de rigor científico, e nin siquera está claro si realmente o santo chegou a existir. As ideas de liberdade e pasión amorosa dos poetas do romanticismo son os verdadeiros 'culpables' desta data, dedicada cada 14 de febreiro ó ensalzamento do amor.
Non existieron festas paganas nas que as mulleres foran azoutadas con tiras de animais para aumentar a súa fertilidade, nin celebracións cristiás para homenaxear a un santo chamado Valentín. Algunhas das inexactitudes que atopamos en Internet son que San Valentín celébrase en España por evolución duns festexos realizados na época do Imperio Romano en honor ó deus da fertilidade Lupercus . Levábanse a cabo durante os 14 de febreiro de cada ano, e en elas azoutábase ás mulleres con tiras de pel de animal para aumentar a súa fecundidade. A outra historia débese a un sacerdote cristiano chamado San Valentín, que viviu durante a época do emperador romano Claudio III, quen prohibira o matrimonio entre os mozos de Roma. San Valentín casaba en secreto ós namorados, pondo en risco a súa vida, sendo decapitado por elo.

11.2.08

Próximo control de "CLASES SEN FUME"


A finais do presente mes ( día 26) os responsables de "Clases sen fume" pasarán polo centro para manter cos alumnos do primeiro ciclo da ESO unha pequena charla-coloquio sobre o tabaco, a súa publicidade e incidencia nos adolescentes. Asemade realizarán a correspondente proba de cooximetría, para poder acceder á fase final do programa, según os resultados obtidos, que espero e sei serán satisfactorios.Por mor desta visita sería convinte acceder á páxina www.pmministries.com/ministeriosalud/tabaco/tabacoindex.htm
co fin de recordar os efectos nocivos que esta droga ten sobre a nosa saúde.
www.quiero-dejar-de-fumar.com/efectos-del-tabaco.html

9.2.08

Ponte a proba.

Si eres alumno de terceiro ou cuarto de ESO o seguinte test resultarache facilísimo...estás dacordo?
  1. Todas as substancias que nos rodean están formadas por :
    átomos moléculas átomos e moléculas
  2. O elemento máis abundante no universo é:
    hidróxeno helio carbono
  3. O elemento máis abundante(en masa) nos seres vivos é
    hidróxeno carbono osíxeno
  4. Na lista seguinte : sodio, plata, titanio, bario, carbono, ha :
    dous metais tres metais catro metais
  5. O osíxeno é
    un composto un elemento unha mezcla homoxénea
  6. O aire é
    un composto un elemento unha mezcla homoxénea
  7. A agua é
    un composto un elemento unha mezcla homoxénea
  8. O azúcar é
    un composto un elemento unha mezcla homoxénea
  9. O bronce é
    un elemento un composto unha mezcla homoxénea
  10. Das siguentes substancias, cantas están constituídas por un único elemento? : grafito, diamante, latón
    unha dúas tres
  11. Ó disolver sal en agua, chega un momento no que non é posible disolver máis. A este tipo de disolucións dáselle o nome de :
    concentradas saturadas sobresaturadas
  12. Para separar dous líquidos miscibles podemos empregar unha :
    destilación decantación filtración
  13. Para separar dous líquidos inmiscibles podemos empregar unha
    destilación decantación filtración
  14. Ó mezclar dous líquidos obtense unha disolución
    sempre nunca depende da natureza dos líquidos
  15. Ó mezclar dous gases obtense unha disolución
    sempre a veces depende da natureza dos gases
Consulta comigo para saber os resultados...

8.2.08

Empregando Internet como medio de aprendizaxe

Na columna da dereita amósanse direccións que proporcionan información adicional sobre temas tratados en clase. Asemade aparecen exercicios e pasatempos e test. Serás quen de solucionalos?