25.11.09

Sabías que...


1- A Coca Cola era orixinariamente verde.

2- É posible facer que unha vaca suba escaleiras pero non que as baixe.

3 American Airlines aforrou 40.000 d´plares en 1987 eliminando unha aceituna de cada ensalada que se serviu en primeira clase.

4-O graznido dun pato (cuac, cuac) non fai eco.

5- Cada rei das cartas representa a un gran rei da historia:

- Espadas: rei David.
- Tréboles: Alexandro Magno.
- Corazones: Carlomagno.
- Diamantes: Xulio César.

6- Acucaracha pode vivir nove días sin a súa cabeza, antes de morrer de fame.

7- Os elefantes son os únicos animais da creación que non poden saltar.

Un anélido diferente...



23.11.09

17.11.09

Detectamos almidón...


O almidón é un hidrato de carbono, que está presente nos vexetais, nunca nos produtos de orixe animal.
Pódese detectar a presencia de almidón nun alimento empregando a propiedade que ten o almidón de reaccionar co Iodo e producir unha cor azul ou violeta. No laboratorio emprégase un reactivo chamdo LUGOL. Como en casa non o temos, podemos fabricar algo similar: mestura unha gota de Betadine con 10 de auga e xa terás o reactivo caseiro :)
Agora toma mostras de produtos como choppe, salchichón, xamón dulce...e cóceas en auga durante 5 minutos. Colle un pouco desa auga nun vaso e engade o noso reactivo. De que cor se pon? Que podes deducir?

Narval



O narval é un cetáceo. Si queredes saber máis ide ó seguinte enlace:
www.juntadeandalucia.es/averroes/ies_torre_del_aguila/DELFINES/narval.html

13.11.09

Pequechechiño...

Guerras do Peloponeso (Chisco)


Enfrentaron a dúas polis(cidades) griegas, Esparta e Atenas. A primeira representaba o poder militar e a segunda o "poder" da cultura e da democracia.
En Esparta reinaban dous reis simultáneamente e en Atenas existía unha democracia, é dicir,mandaba unha asamblea popular, que fora elixida polo voto dos cidadáns. A economía en Atenas baseábase no comercio e no desenvolvemento marítimo, mentras que a economía de Esparta só se basaba na agricultura.
Pero Esparta poseía un enorme sentido militar,tanto era así que dende pequenos eran adiestrados militarmente, dábaselles pouca comida e vestían roupas finas, para fortalecelos e que de maiores fosen uns "duros" guerreiros.
Ademais, nas guerras médicas, que enfrentaron ós griegos cos persas, os espartanos non axudaron ós atenienses na defensa de Grecia. Todo esto fixo que Esparta e Atenas formaran dous bandos, os primeiros a Liga do Peloponeso e os segundos a liga de Delos, que acabaron enfrentándose na guerra do Peloponeso. Ó final os vencedores foron os Atenienses...outro exemplo máis de que a cultura prevalece sobre a forza.

12.11.09

CLOROFILA


A clorofila é un pigmento de cor verde presente nas plantas e algas e é o elemento básico para a transformación da enerxía do sol no proceso da fotosíntesis.Ten propiedades moi especiais, como actividade desodorizante, combate o mal alento ocasionado polo tabaco, bebidas alcohólicas e alimentos; axuda a eliminar os olores provocados pola transpiración, e combate a anemia. Nutre e fortalece os sistemas circulatorios e intestinal.

Unha sepia...


www.youtube.com/watch?v=fBXzMjnR5lg

1º ESO...de novo a nosa amiga a Tenia...tan "Solitaria"


http://wappy.ws/la-tenia-o-solitaria-video.html