20.3.08

Chega a PRIMAVERA

Astronómicamente, comeza co equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio norte, e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio sur), e remata co solsticio de verán (sobre o 21 de xuño no hemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur). Durante a primavera os días vanse alongando, o sol sae cada día un pouco antes e ponse un pouco despois, sendo a noite máis curta e o día máis longo.