7.3.24
6.3.24
CELACANTO
Son peixes de aletas lobuladas, que poden mover alternativamente, coma un cabalo trotando, Os seus antepasados apareceron no planeta Terra hai 400 millóns de anos.
Viven a 700 m de profundidade. Poden
acadar os 2 metros de lonxitude, cun peso de máis de 90 kg. Tamén poden chegar a
vivir 100 anos!!!
5.3.24
PEIXES PULMONADOS
Son peixes que teñen as seguintes características:
1. Respiran maioritariamente por pulmóns.
2. Unha parte da súa respiración (2%) realízase por branquias.
3. Teñen ALETAS LOBULADAS ou carnosas. Estas aletas son as precursoras das patas dos tetrápodos.
4. Son unha importante transición evolutiva entre os animais dependentes da auga (peixes) e os animais terrestres (anfibios).
5. Incluso pódense considerar como fósiles vivintes. Apareceron no DEVÓNICO, hai uns 400 millóns de anos.
"Cangrejo de los cocoteros"
O " Birgus latro " é un cangrexo ermitaño que ten como habilidade a de abrir cocos para alimentarse deles. Pode chegar a medir medio medro e ter 4 Kg de masa.





