3.11.10

Material máis denso...


IRIDIO - Densidade 22.650 kg/m³!!!
O iridio foi descuberto en 1803 polo químico inglés Smithson Tennant. É abundante nos meteoritos pero na corteza terrestre só ten unha concentración de 0,001 ppm. Emprégase principalmente aleado co platino.

4.10.10

SÍLEX OU PEDERNAL


O cuarzo é unha rocha de composición Si O 2, é dicir, dióxido de silicio. O Silicio, despois do Osíxeno é o elemento máis abundante do planeta Terra. Á variedade macrocristalina denomínaselle habitualmente Cuarzo, os Jaspes son os de estructura microcristalina, as Calcedonias Criptocristalina (composta por cristais tan finos que non é posible diferencialos como partículas distintas utilizando ampliacións normais),e as que carecen de estructura son Obsidianas (estructura amorfa). O Sílex é unha rocha sedimentaria de estructura criptocristalina, polo que pertence á variedade das Calcedonias.Empregouse tanto na prehistoria polas súas propiedades de corte, duración, tipo de fractura e abundancia. É unha roca fráxil, parecida ó vidrio, que ó golpeala con outra pedra (percutor) provoca o desprendemento dunha lasca con filo cortante.