
A castaña constituíu a base da nosa alimentación ata a chegada dende América da pataca e o millo. Agora é a protagonista indiscutible da festa do Magosto, que hoxe, día de San Martín de Tours, celébrase en Ourense. A orixe do nome de Magosto pode estar en Magnus Ustus (lume grande) ou Magum Ustum (referíndose ó carácter máxico do lume). Festas parecidas:
• O Gaztañarre no País Vasco.
• A Magosta en Cantabria.
• O Maguestu en Asturias.
• A Castañada en Cataluña.
• A Chiquitía, a Chaquetía, a Calvochá en Extremadura.
• Ou Magusto en Portugal.