6.11.08

A miña sinceira reacción ante os exámenes de 4º ESO

Esbirro ( que non espirro)


# Persoa pagada por outra para que realice accións violentas no seu lugar.
# O que se dedica profesionalmente a executar as ordes violentas dunha autoridade.

Sinónimo de sicario, secuaz, paniaguado, partidario ou seguidor.

5.11.08

Laika, para os de 1º ESO


O 3 de novembro de 1957 a URSS lanzou ó espacio o Sputnik-2, cun ser vivo no seu interior: unha cadeliña chamada Laika. Era unha cadela abandoada de Moscú que fora especialmente entrenada para esta misión. Laika morreu poucas horas despois do inicio da misión debido ás altas temperaturas e ó pánico. A coitada tivo que soportar unha humidade moi alta e temperaturas duns 40°C, que acabaron coa súa vida entre cinco e sete horas despois do despegue. Despois de Laika, a URSS enviaría ó espacio 12 cadelos dos que 5 chegaron vivos de volta á Terra.

4.11.08

Por que as eleccións en EEUU son sempre o primeiro martes despois do primeiro luns do mes de Novembro dende 1845?


Novembro era un dos meses con menos carga de traballo no campo. Xa se recollera a colleita e o clima era máis apacible como para non impedir que a poboación se desplazara. Un martes porque gran parte dos posibles electores vivían en núcleos rurais, e facían longas viaxes para poder exercer o dereito ó voto. Ésto obligáballes a partir o día anterior. Un luns non podería ser posto que moitas persoas terían que iniciar a viaxe o domingo e esto impediría practicar os servicios de culto nas igresias. Ademais tiña que ser o martes despois do primeiro luns dado que en EEUU o primeiro de novembro celébrase a festa católica de "Todos los Santos", e tamén a maioría dos comercios pechaban os seus libros de contas a mes vencido o primeiro de mes. Ás instituciónss electorais preocupáballes que os resultados económicos provocaran algunha influencia no resultado do voto.