19.6.26
9.6.26
8.6.26
3.6.26
31.5.26
23.5.26
14.5.26
13.5.26
YELLOWSTONE
Si hai un volcán que pode considerarse o volcán máis perigoso do mundo, ese é o Volcán de Yellowstone. Trátase realmente dun supervolcán.Os volcáns forman montañas, pero os supervolcáns aniquílinas. Os volcáns arrasan a flora e a fauna en varios kilómetros á redonda, pero os supervolcáns poden causar a extinción de toda unha especie ao inducir cambios climáticos a escala planetaria.
A última gran erupción do volcán tivo lugar hai uns 640.000 anos. Hoxe en día Yellowstone acolle un dos sistemas hidrotermais máis grandes do mundo, incluída a maior concentración de géiseres da Terra. Non se sabe cando volverá a entrar en erupción, pero cando o faga, probablemente cambie para sempre a vida no noso planeta.
5.5.26
4.5.26
29.4.26
23.4.26
11.4.26
A cápsula Orión ameriza con éxito no Pacífico
A nave Orión amerizou con éxito no océano Pacífico ás 02:07 da madrugada deste sábado 11 de abril (hora peninsular española), pondo fin sin incidentes á primeira viaxe tripulada á Lúa en máis de medio século e certificando a viabilidade do programa luar da NASA.
8.4.26
6.4.26
ARTEMIS II
Desde 1972 ningún ser humano pisaba a Lúa (Eugene Cernan e Harrison Schmitt foron os últimos, durante a misión Apolo 17 da NASA en decembro de 1972).
A misión Artemis II , que despegou o mércores 1 abril desde Florida, non terá como resultado final que o home pise a Lúa de novo.
Será necesario esperar polo menos á Artemis IV, planeada para o 2028. Dicimos "polo menos" porque a Artemis II estaba prevista para novembro do 2024, pero tivo varios atrasos debido a diversos problemas técnicos.
Nos 10 días de viaxe a bordo da nave espacial Orión, os astronautas Reid Wiseman, Christina Koch, Victor J. Glover e Jeremy Hansen darán unha volta á Lúa e farán numerosas maniobras de preparación para esa futura alunizaxe.
Para esto tamén será a misión Artemis III, que ten fixado o seu lanzamento para o ano que ven ( 2027).
Varios proxectos espaciais foron cancelados antes de que a NASA puxera finalmente en marcha o programa Artemis. Foi creado en 2017 e involucrou a milleiros de persoas, tendo un costo estimado de US$93.000 millóns ata agora.
O programa Artemis, enviará astronautas a misións cada vez máis difíciles para explorar unha maior parte da Lúa con fins de descubrimento científico, beneficios económicos e para sentar as bases das primeras misións tripuladas a Marte. Para todo esto planéase construir unha estación espacial lunar que orbitará sobre a Lúa , así como unha base sobre a propia superficie do satélite.



















