6.4.26

ARTEMIS II

Desde 1972 ningún ser humano pisaba a Lúa (Eugene Cernan e Harrison Schmitt foron os últimos, durante a misión Apolo 17 da NASA en decembro de 1972).

A misión Artemis II , que despegou o mércores 1 abril desde Florida, non terá como resultado final que o home pise a Lúa de novo.

Será necesario esperar polo menos á Artemis IV, planeada para o 2028. Dicimos "polo menos" porque a Artemis II estaba prevista para novembro do 2024, pero tivo varios atrasos debido a diversos problemas técnicos.

Nos 10 días de viaxe a bordo da nave espacial Orión, os astronautas Reid Wiseman, Christina Koch, Victor J. Glover e Jeremy Hansen darán unha volta á Lúa e farán numerosas maniobras de preparación para esa futura alunizaxe.

Para esto tamén será a misión Artemis III, que ten fixado o seu lanzamento para o ano que ven ( 2027).

Varios proxectos espaciais foron cancelados antes de que a NASA puxera finalmente en marcha o programa Artemis. Foi creado en 2017 e involucrou a milleiros de persoas, tendo un costo estimado de US$93.000 millóns ata agora.

O programa Artemis, enviará astronautas a misións cada vez máis difíciles para explorar unha maior parte da Lúa con fins de descubrimento científico, beneficios económicos e para sentar as bases das primeras misións tripuladas a Marte. Para todo esto planéase construir unha estación espacial lunar que orbitará sobre a Lúa , así como unha base sobre a propia superficie do satélite.