31.10.25
26.10.25
PURPURINA
A purpurina xa se empregaba antiguamente. Estaba feita de partículas de mica (minerais MOSCOVITA e BIOTITA). Con esta brillantina rudimentaria decorábanse pinturas rupestres.
As mulleres hindúes tamén a utilizaban para decorar a súa pel en festas ou eventos especiais. Tamén na cultura grega e en Exipto, as mulleres usaban un tipo de purpurina procedente do plomo, pero era moi tóxica, podía producir a morte por envenenamento (SATURNISMO).
En 1934 Henry Ruschmann descubriu un proceso para moer o plástico e creou a brillantina que coñecemos hoxe. A brillantina actual está composta por plástico (PET), dióxido de titatio (é o que lle da o brillo), aluminio e óxido de ferro.
Sabías que…
Cando nos lavamos a purpurina do corpo e vai polo desagüe, transfórmase en basura plástica mariña coñecida como microplásticos, altamente dañinos para a vida dos océanos.
24.10.25
DÍA MUNDIAL CONTRA A POLIO
A poliomielitis ou polio é unha enfermidade infecto-contaxiosa producida por un virus que afecta ao sistema nervioso central (SNC). Pode causar inflamación do cerebro e das neuronas motoras da médula espiñal, chegando a causar atrofia muscular, parálise, parálise permanente, deformidade e incluso a morte. Os afectados son principalmente os nenos.
Transmítese dunha persoa a outra por vía oral, xa que o virus trnspórtase na auga ou nos alimentos contaminados con materia fecal da persoa infectada.
Aínda que é unha enfermidade infecciosa, pode combatirse e evitarse coa vacinación.
Jonas Salk, que naceu un 24 de outubro, foi o investigador estadounidense que fixo posible o desenvolvemento da vacina que logrou previr esta terrible enfermidade.
23.10.25
22.10.25
PEIXE CARACOL
As augas abisais esconden algunhas das criaturas máis insólitas e aterradoras do mundo. Sin embargo, non todo o que habita as profundidades oceánicas é monstruoso.
Un exemplo sería unha “ adorable” especie descuberta hai uns anos: o peixe caracol, “ Careproctus colliculi “, ou 'bumpy snailfish', en referencia á súa pel grumosa.
Teñen unha alta capacidade de adaptación a presións aplastantes, un frío glacial e unha oscuridade perpetua nas profundidades do océano. Poden vivir a 8000 m de profundidade.
Estes peixes non teñen escamas , posúen un corpo xelatinoso e teñen un segundo par de mandíbulas na parte posterior da garganta, que os axuda a masticar as presas despois de succionalas coa boca.
21.10.25
LEMMON E SWAN
Dous cometas, o C/2025 A6 (Lemmon) e o C/2025 R2 (SWAN), acadan o seu punto máis cercano á Terra case ao mesmo tempo: o 20 e 21 de outubro. Poderanse ver coa axuda duns prismáticos.
O Lemmon será o máis espectacular. O 14 de outubro a súa traxectoria comezou a ser visible sen instrumental astronómico especializado desde a Terra e así permanecerá ata o 10 de novembro; o punto máis cercano da súa traxectoria ocurrirá este martes día 21, cando pasará a uns de 88,5 millóns de kilómetros de distancia do noso planeta.
17.10.25
16.10.25
KAKAPO
É un loro incapaz de voar ( pode pesar ata 4 Kg) e endémico de Nueva Zelanda.
Só quedan 147 exemplares.
15.10.25
ATÓPASE FÓSIL NA PATAGONIA (Allen)
O descubrimento de científicos arxentinos podería ser o primeiro deste tipo en Sudamérica. Polo excepcional estado de preservación, a pesar de ter uns 70 millóns de anos, podería conter un embrión.
Os fósiles de ovos de dinosaurios carnívoros ( coma este ) son moi pouco frecuentes e este ovo atópase tamén en perfecto estado de conservación. Tanto é así, que pénsase que dentro pode conter un embrión. “Es el más completo, el mejor preservado y seguramente se trate de un animal que aún no conocemos”, comentaba o paleontólogo que o atopou. O ovo apareceu xunto a outros, que formaban un niño.
O estado de conservación do fósil é perfecto. “Eso nos sorprendió muchísimo. El resto de los huevos están muy fragmentados porque la erosión destruyó muchos de ellos. Tal vez algunos estén intactos, pero dentro de una roca. En este caso, el huevo se desprendió, fue rodando por esa arena muy fina y quedó ahí. Eso hizo que no se rompiera. Es casi un milagro. “
13.10.25
Zeolitas e PFAs
A zeolita é un mineral volcánico natural cunha estrutura cristalina porosa que actúa como un potente absorbente. Emprégase en agricultura para mellorar o solo e reter nutrintes, na purificación de auga e aire eliminando metais pesados e moi contaminantes, e en diversas aplicacións industriais como catalizador.
PFAS?
Sustancias perfluoroalquiladas y polifluoroalquiladas (PFAS, por sus siglas en inglés) son un grupo de axentes químicos sumamente persistentes ( ou “químicos eternos”) no medio ambiente e no corpo humano, é decir , que non se degradan e poden acumularse co paso do tempo. Existe evidencia de que a exposición aos PFAS pode causar efectos prexudiciais para a saúde.
12.10.25
NOBEL DE QUÍMICA 2025
A Real Academia de Ciencias de Suecia premia a Susumu Kitagawa, Richard Robson e Omar Yaghi por crear un novo tipo de materiais capaces de absorber contaminantes ou suministrar fármacos.
Realmente o que descubriron son novas arquitecturas moleculares: as estruturas metalorgánicas ou MOF (Metal Organic Frameworks).
Os tres científicos premiados atoparon xeitos de crear novos materiais que teñen grandes cavidades no seu interior.Ao igual que os andamios dun edificio, os compoñentes destas redes metalorgánicas (MOF) poden modificarse para crear materiais con novas propiedades. As bases son ións metálicos, que están unidos por longas moléculas orgánicas feitas de C.
Este avance permite crear materiais que extraen auga do aire no deserto, atrapan dióxido de carbono, almacenan gases tóxicos ou catalizan reaccións químicas.
8.10.25
AS DRACÓNIDAS
Chega o primeiro desfile de estrelas fugaces do outono, un espectáculo duns 20 meteoros por hora a unha velocidade de 20 kilómetros por segundo , Son as Dracónidas, que acadarán o seu máximo o mércores 8 de outubro ás 21:00 horas. Non se poderán apreciar moi ben este ano debido ao brillo lunar.
As Dracónidas reciben o seu nome da constelación El Dragón e son rastros de polvo (meteoroides) xerados polo cometa 21P/Giacobini-Zinner.
7.10.25
"LUNA LLENA DEL CAZADOR"
O nome procede de antigas tradicións agrícolas de zonas do hemisferio norte do planeta. Para os agricultores dese hemisferio , marcaba o final da temporada de colleitas e o inicio da de caza. Esto debíase a que a luz lunar era máis intensa e permitía ver mellor as presas.
Este ano 2025, a Lúa do cazador coincide co “ perigeo lunar”, que é o momento no que a Lúa se atopa máis cerca da Terra. Gracias a esto, trátase dunha superlúa, cun tamaño un 6,6% superior ao dunha lúa chea normal e un brillo un 14% maior, o que a convirte nun fenómeno especialmente chamativo e fácil de observar a simple vista.
Según os cálculos do Observatorio Astronómico Nacional, o mellor punto para vela producirase na madrugada do 7 de outubro ás 05:57 na España peninsular .




















