4.10.10

SÍLEX OU PEDERNAL


O cuarzo é unha rocha de composición Si O 2, é dicir, dióxido de silicio. O Silicio, despois do Osíxeno é o elemento máis abundante do planeta Terra. Á variedade macrocristalina denomínaselle habitualmente Cuarzo, os Jaspes son os de estructura microcristalina, as Calcedonias Criptocristalina (composta por cristais tan finos que non é posible diferencialos como partículas distintas utilizando ampliacións normais),e as que carecen de estructura son Obsidianas (estructura amorfa). O Sílex é unha rocha sedimentaria de estructura criptocristalina, polo que pertence á variedade das Calcedonias.Empregouse tanto na prehistoria polas súas propiedades de corte, duración, tipo de fractura e abundancia. É unha roca fráxil, parecida ó vidrio, que ó golpeala con outra pedra (percutor) provoca o desprendemento dunha lasca con filo cortante.

1.10.10

Un novo planeta...Gliese


O planeta ten tres veces a masa da Terra, é lixeiramente máis ancho e está moito máis cerca da súa estrela : 22 millóns de kilómetros. O noso planeta está a 150 millóns de kilómetros do Sol, que é a nosa estrela.
A temperatura ronda entre 71 ºC e 3,89 ºC baixo cero.Nn se sabe si existe auga,nin que tipo de atmósfera ten. Pero como as condicións son ideais para encontrala en estado líquido, e como na Terra sempre hai vida onde hai auga, crese que as probabilidades de vida neste planeta son dun 100%".
O planeta chámesa Gliese 581g e atópase a 193 billóns de kilómetros da Terra.">