28.1.09

O animal máis velenoso da Terra


A avéspora mariña é o animal co veleno máis letal da Terra. Consta de sesenta tentáculos que inxectan un veleno tan potente que pode chegar a matar a un humano adulto con só 1.4 miligramos do mesmo. Atópase nos mares de Australia. É unha medusa.
Para máis animaliños destas características:
tejiendoelmundo.wordpress.com/2009/01/07/los-animales-mas-venenosos-del-mundo/

26.1.09

Sorbitol 3º ESO


O sorbitol é un edulcorante que se emprega moito a nivel dietético grazas a escasa cantidade de calorías (case a metade do azúcar). Ademáis de atoparse en boa parte dos productos dietéticos, tambén está en golosinas como chicles ou caramelos light. Detectáronse algúns casos de persoas ás que o sorbitol ocasionoulles trastornos estomacais como diarreas ou dolores abdominais. A revista British Medical Journal de Londres difundiu o feito de que o consumo excesivo de sorbitol pode ser nocivo para a saúde, acarreando problemas como as diarreas crónicas e outros moitos problemas do funcionamento intestinal acompañado de pérdida de peso e outras doenzas.

19.1.09

Reino Animal 1º ESO




Neste enlace veredes algúns animaliños curiosos.
elblogverde.com/animales-raros-del-mundo/
Identifica tamén estes animais.

16.1.09

Importancia do almorzo


Visita esta páxina e le o que pon ata o final, é importante!!!. Ó final da mesma tes un enlace para ver diferentes "receitas" de menús saudables para o almorzo.
www.pulevasalud.com/ps/subcategoria.jsp?ID_CATEGORIA=3343

15.1.09

1º ESO


Sabemos que o almidón é un hidrato de carbono presente en moitos alimentos de orixen vexetal, pero que nunca debería estar presente nos alimentos de orixen animal. Nesta experiencia detectaremos de xeito moi sinxelo o almidón en distintos tipos de alimentos. Aproveitaremos a propiedade que ten de reaccionar co iodo tomando unha cor azul oscuro ou violeta.
• Contagotas
• Plato pequeno
• Betadine
• Diversos alimentos de orixen vexetal (fariña, arroz, patata, pan, etc)
Preparamos o reactivo diluindo o Betadine en auga: Mestura 1 gota de Betadine con 10 gotas de auga. Nun platiño pon pequenas cantidades dos alimentos e engade unha gota do reactivo a cada mostra.
Observa como pouco a pouco aparece a cor azul característica da reacción do iodo co almidón.
Proba con outros alimentos, por exemplo, unha pequena cantidade de peixe ou de carne (verase mellor si é carne blanca, polo ou porco) e comproba que non conteñen almidón.
Hai veces que os fabricantes de friames engaden almidón ós seus produtos, sin avisarnos (así véndennos almidón a precio de xamón). Adoita ocurrir, por exemplo: xamón York, mortadela, chopped… Podes investigar, seguindo a técnica que fixemos antes. Si non se ve ben o resultado, podes cocer nunha pequena cantidade de auga a mostra, durante 4 ou 5 minutos, e realizar a proba sobre o extracto que obteñas unha vez que se enfriara.