29.10.08

Cando algo non está ben...


hai que censuralo, aínda que quen o realice teña cousas en común contigo. Esta noticia é un exemplo do que acabo de dicir...ademais de ser algo tremendo e increíble.
www.publico.es/internacional/169044

Para os da Táboa Periódica



Dimitri Ivanovich Mendeleiev era ruso e Julius Lothar Meyer era alemán.

28.10.08

Lémbraste?

Está xenial para practicar formulación!!!


www.alonsoformula.com/inorganica_gal/obnomes_1.htm

Curiosidade sobre os iogures


Un iogur sin aditivos pode manterse comestible durante meses sin necesidade de refrixeración (sempre que non se abra). Segundo pasa o tempo, a fermentación aumenta, co que a cantidade de ácido producida aumenta. A data de caducidade representa, a efectos prácticos, a data na que o iogurt volveuse tan ácido que ó consumidor poderíalle non resultar agradable (arréglase cun chisco de azúcar…). Mais eso non quere dicir que non sexa acto para o consumo, máis ben ó contrario, dado que a presencia de ácido evita o desenvolvemento de axentes patóxenos. Deste xeito, un iogur sin aditivos pode manterse perfectamente comestible durante meses (si a acidede non che molesta), incluso fora do refrixerador.

Para esa óptica ociosa...

24.10.08

Baltasar Gracián (un pouco de letras non é nocivo)


Escritor español do Século de Ouro (XVII), nacido en Calatayud (Zaragoza). A súa obra máis importante é “El Criticón”. Algunhas das súas fermosas e sabias frases son:
El primer paso de la ignorancia es presumir de saber.
El más poderoso hechizo para ser amado es amar.
El no y el sí son breves de decir pero piden pensar mucho.
Es tan difícil decir la verdad como ocultarla.
Hemos de proceder de tal manera que no nos sonrojemos ante nosotros mismos.
Mais a mellor de todas é:
Cada uno muestra lo que es en los amigos que tiene.

Perdón por esquecerme.


Moitas felicidades!!!

23.10.08

Meteorito 1º ESO


O meteorito impactou coa Terra a unha velocidade de 250.000 kilómetros por hora. O posible lugar sería a península do Yucatán (México) fai uns 65 millóns de anos. Tería uns dez Km de diámetro, e produciu un cráter de 80 a 100 Km de diámetro e de 20 a 40 Km de profundidade. Produciu un terremoto de magnitude 13 ( a máxima) e un tsunami con ondas de 90 m.

Por que non podemos beber auga de mar?


Necesitamos sal para vivir, pero só en cantidades mínimas, pero a agua de mar contén setenta veces máis da que podemos metabolizar.
Si introduces un montón de sal no organismo, o metabolismo entrará en crisis moi pronto. As moléculas de auga de cada célula lanzaranse a intentar diluir e expulsar o sal. Eso deixa as células escasas da auga, que necesitan para as súas funcións normais. Quedan deshidratadas. A deshidratación producirá colapsos, desmaios e lesión cerebral.
Mentras, as células do sangue, transportarán o sal ata os riles, que acabarán desbordados e deixarán de funcionar, causando a morte.

22.10.08

Botella de Leyden


Un curioso experimento coa electricidade. É a forma de facer un condensador caseiro e posteriormente observar como se descarga( un raio de cor azul) en presencia dun corpo cargado por fricción (tubo de PVC).
www.ikkaro.com/construir-botella-leyden

20.10.08

Retos matemáticos


Podes escribir todos os números do cero ó dez utilizando cinco douses e os signos +, -, x, /, ademáis do paréntesis?.
Podes empezar así 0= 2 - 2/2 - 2/2
Outro:
-Pensa un número de tres cifras e escríeo.
-Escribe o mismo número a continuación do anterior.Obterás un número de seis cifras.
-Comproba si ese número é divisible entre 7 facendo a operación.
-Averigua si o novo cociente é divisible entre 11. Divídeo.
-Divide o novo cociente entre 13.
-Obtés como cociente o número pensado?

15.10.08

Para unha mulleriña que hoxe estaba triste...


e que supoño agora estará mellor. Moito ánimo, que xa tes que cuidar o cutis, que xa non vas nova e os enfados crían engurras. :)

Por certo...


felicidades anticipadas para outra mulleriña Libra, que como todas nós (as libras)cóstanos atopar o equilibrio, pero cando o atopamos somos as mellores...

ABRAIADA

Gracias, gracias, gracias,gracias,gracias,gracias...Non teño palabras para dicir o feliz que me fixéchedes.Creo que xa sabedes que non son unha persoa emotiva, ou polo menos non o sei demostrar, pero que sepades que en min teredes(como xa tíñades) máis que unha profesora, unha amiga. GRACIAS.

14.10.08

Gracias moitas!!!


Saberse querida, ou polo menos apreciada, por aquelas persoas ás que ti intentas ensinar a camiñar un pouquiño pola vida é realmente marabilloso. Grazas a tod@s, de verdade. A do cumple.

10.10.08

Próxima Centauri


A estrela máis cercana ó sistema solar é Próxima Centauri, a uns 40,000,000,000,000 kilómetros (40 millóns de millóns). As distancias entre as estrelas son tan grandes que os astrónomos prefiren medilas en anos-luz, en vez de kilómetros. A luz viaxa a unha velocidade de 300,000 kilómetros por segundo, suficiente para darlle sete voltas e media á Terra nun só segundo. Así, a luz tarda 1.2 segundos en chegar á Lúa, uns 8 minutos en chegar ó Sol e 4 e 5 horas a Neptuno e Plutón. Incluso a esta enorme velocidade, a luz tarda un pouco máis de 4 anos en viaxar de Próxima Centauri ata nós, por eso dicimos que está a uns 4 anos-luz. Si temos en conta que a nosa galaxia mide uns 100,000 anos-luz, podemos dicir que Próxima Centauro é a estrela que está máis “cerca” do Sol.

Para os de 3º ESO


que non saben quen era "Animal", un dos máis famosos teleñecos.

9.10.08

"Chips"


As patacas fritas ou chips, apareceron no ano1853, no bar” Moon Lake Lodge's”, en Saratoga Springs, Nueva York. O cociñeiro dese local quería fastidiar a un cliente un tanto exquisito, que sempre se queixaba de que as patacas fritas non eran moi finas. Para eso cortou as patacas o máis finas posible, de xeito que non as puidera coller co garfo… Mais o resultado non foi o que pretendía. Ó cliente encantáronlle e a xente comezou a ir ó local a pedilas especialmente. A esas patacas chamáronlle “Saratoga Chips” .

8.10.08

Marie Curie (3º ESO)


Marie Curie, de solteira Marja Sklodowska, naceu en Varsovia (Polonia) en 1867. En 1891 trasladouse a París (onde cambiou o seu nome por Marie) e incorporouse á Sorbona. Dous anos máis tarde rematou os seus estudos de física co número un da súa promoción. En 1894 coñeceu a Pierre Curie e casaron en 1895. Marie Curie foi a primeira en empregar o termo ‘radiactivo’ para describir os elementos que emiten radiacións cando se descompoñen os seus núcleos. En 1898 o matrimonio anunció o descubrimento de dous novos elementos: o polonio (Marie deulle ese nome por Polonia) e o radio. En 1903 compartiron con Becquerel o Premio Nobel de Física polo descubrimento dos elementos radiactivos. Marie Curie foi así a primeira muller en recibir un Nobel. En 1911 recibíu un segundo Nobel, nesta ocasión foi o de Química, e para ela soa, polas súas investigacións sobre o radio e os seus compostos. Sufriu unha anemia perniciosa causada polas exposicións á radiación, morrendo o l4 de xullo de 1934.

Para os de 1º ESO


Unha escafandra é un traxe impermeable máis un casco perfectamente pechado. Leva un cristal frente á cara e orificios e tubos para renovar o aire que permite ó buzo permanecer debaixo da auga e ó astronauta saír da nave no espacio.

Adiviña


Gañar Liga e Copa

7.10.08

Para os de 4º ESO ( Sandra)


Rape é o nome común que fai referencia a uns 265 peixes mariños emparentados que pertencen á familia dos Lófidos, orden Lofiformes. As especies máis frecuentes son o rape común ou blanco e o rape vermello. Tamén é coñecido co nome de sapo o pejesapo.

Para os de 1º ESO


O sextante é un instrumento que permite medir ángulos entre dous obxectos tales como dous puntos dunha costa ou un astro -tradicionalmente o Sol- e o horizonte. Coñecendo a elevación do Sol e a hora do día pódese determinar a latitude á que se atopa o observador. Este instrumento reemplazou ó astrolabio por ter maior precisión.

6.10.08

VERSÁTIL (para os plásticos)


Adaptable a moitas cousas ou que ten varias aplicacións.

3.10.08


www.egipto.com/museo/alphabet/name.html
Nesa páxina poderás poñer o teu nome en xeroglíficos. Unha curiosidade.

2.10.08

Por certo...


que é e que significa a "pedra" con caracteres exípcios que está á dereita?

Pregunta de 3º ESO (de novo)


Existen dous tipos de tabaco sin fumo, o rapé e o tabaco de mascar. O rapé é un tabaco picado moi fino, que se almacena seco, húmedo ou en saquiños (como as bolsiñas de té). Normalmente, o consumidor pon unha “pizca” de tabaco entre a meixela e as enxivas. Esnifar (inhalar) rapé seco polo nariz é máis común nos países europeos que nos Estados Unidos. Estes tabacos tamén son nocivos porque conteñen 28 carcinóxenos como as nitrosaminas, o formaldehído, o acetaldehído, o arsénico, o níquel, o cadmio, o benzopireno e incluso polonio (que despide radiación). Tamén conteñen nicotina, en cantidades 2 ou 3 veces maiores que as que teñen os cigarrillos.