Vai dende a boca ó ano. Salvo a boca e a farinxe, ó resto do tubo dixestivo presenta movementos peristálticos que axudan a mezclar e desplazar os alimentos.
- Boca:nela realízase unha dixestión química (enzimas da saliva) e outra mecánica (lingua e dentes)
- Farinxe: tubo común ó aparello dixestivo e ó respiratorio. Lembra a xa dada EPIGLOTIS
- Esófago: tubo que vai dende a farinxe ó estómago , situado detrás da tráquea.
- Estómago: é un órgano que se comunica co esófago mediante unha válvula chamada cardias e co intestino delgado mediante o píloro. Internamente está recuberto pola mucosa gástrica, con células que secretan mucus protector e o xugo gástrico.
- Intestino delgado: tubo de 6-7 metros con 3 partes: duodeno," yeyuno" e íleon. Nas súas paredes prodúcese o xugo intestinal. O interior presenta numerosos pliegues denominados vellosidades intestinais.
- Intestino groso: conducto máis corto (1-1,5 m) e ancho que o intestino delgado, recuberto internamente por abundante moco. Consta de 3 partes: "ciego", colon e recto:
Ciego :presenta unha prolongación con forma de dedo, o apéndice vermiforme.
O colon ten tres partes: colon ascendente, colon transverso e colon descendente. O descendente desemboca nun tubo algo máis estreito denominado recto, que se abre ó exterior a través do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario