17.3.20

BIOLOXÍA -XEOLOXÍA 3º ESO

ESTÓMAGO

O estómago é un dos órganos que pertence ó sistema dixestivo e que realiza unha serie de funcións fundamentais para o noso organismo.
É un órgano altamente activo e que cambia de posición e de tamaño continuamente por medio das súas contraccións. Cando o estómago está baleiro pode ser do tamaño do puño da persoa, pero pode estirarse para conter ata 4 litros de comida e fluido, e logo voltar ó seu estado orixinal.
O estómago divídese en catro partes : cardias, fondo, corpo e píloro.
Cardias : lugar onde se conecta o esófago ó estómago e a través do que pasa a comida ata o estómago. Fondo gástrico: parte superior do estómago, a continuación do cardias. Corpo: parte principal do estómago, xusto debaixo do fondo. Eiquí ten lugar a dixestión mecánica e a química. Esta faise pola acción das contraccións estomacais (movementos peristálticos), enzimas e ácidos. Píloro: parte final do estómago, que se encarga de conectar este órgano co duodeno ( intestino delgado).



No hay comentarios: