14.4.20

ENFERMIDADES DO INTESTINO BIOLOXÍA 3º ESO


"Apendicitis": inflamación producida por unha infección do apéndice, pequena prolongación xunto ó “ciego” do intestino groso. Prodúcese unha intensa dor na parte inferior dereita do abdomen con naúseas, vómitos e febre
"Gastroenteritis": enfermidade caracterizada pola inflamación ("-itis") do estómago ("gastro"-) e o intestino delgado ("entero"-). Está producida por unha infección do estómago e do intestino causada por parásitos, virus, ou bacterias como a Salmonella. Denomínase tamén "colitis".
Diarrea: non é una enfermidade, é un síntoma doutra enfermidade. É unha alteración das feces caracterizada por un aumento do volume, a fluidez e a frecuencia das deposicións, e pode estar acompañada de dor abdominal, febre, náuseas e vómitos.
As causas son variadas: "gastroenteritis", intoxicacións , enfermidades inflamatorias do intestino, a  enfermidade de Crohn, ou tamén  por tensións emocionais.
Estreñimento: dificultade para evacuar as feces por ter pouca movilidade no intestino groso. Débese a unha dieta baixa en líquidos e fibra e á falta de exercicio físico.
Hemorroides (ou almorranas): son inflamacións (varices) das veas no recto e no ano.
Exercicio: busca información sobre a enfermidade de Crohn 

No hay comentarios: